Inicio

Deprecated: mysql_connect(): The mysql extension is deprecated and will be removed in the future: use mysqli or PDO instead in /home/ppdapobr/public_html/admin/classes/mysql.php on line 17

Deprecated: mysql_connect(): The mysql extension is deprecated and will be removed in the future: use mysqli or PDO instead in /home/ppdapobr/public_html/admin/classes/mysql.php on line 17
Obras mellora Mercado Municipal

Obras mellora Mercado Municipal

Venres, 10 de Decembro 2010

A Deputación Provincial da Coruña aprobou o Plan Director do Comercio para as comarcas de Barbanza, Muros-Noia e O Sar a través do cal articúlanse as Bases Reguladoras do Programa de modernización dos mercados locais.

O Concello da Pobra do Caramiñal, acolléndose ás devanditas bases vai solicitar á Deputación Provincial á súa participación solicitando a realización das inversións necesarias para levar a cabo o proxecto "OBRAS DE MELLORAS NO MERCADO MUNICIPAL DA POBRA" que conta cun importe de 57.750,00€ e que financiará integramente a Deputación. Ditas obras consistirán en:

  • Selado e reselado de cuberta plana formada por paneis metálicos illantes de 50mm de espesor, autoportantes e estancos en pranchas de aceiro galvanizado en quente, e revisión de canos e baixantes.
  • Limpeza mediante auga a presión cuberta.
  • Tratamento de limpeza de fachadas de pedra, mediante a aplicación dun producto alcalino.
  • Impermeabilización superficial da fachada de fábrica pétrea, mediante aplicación en superficie dun impermeabilizante líquido incoloro mineralizador hidrófobo e transpirable.
  • Revestimiento con pintura plástica branca mate-sedoso con aditivos funxicidas antibacterias.
  • Chapeado de porta con pedra similar á existente.
  • Substitución de reixa de aceiro inoxidable con bastidor.
  • Repaso de plaquetas e alicatados existentes.
  • Demolición de alicatados e plaquetas recibidas con pegamento, con limpeza, preparación de soporte e retirada de escombros a pé de carga, con transporte e vertido a vertedoiro autorizado.

O prazo estimado para a realización destas obras, segundo a memoria presentada e unha vez aprobada a subvención, é de 3 meses.

A Pobra conta cunha das prazas de abasto máis modernas e funcionais e para que sega manténdose como tal necesita de cando en vez obras que a poñan ao día e que arranxen as pequenas desfeitas que o tempo cronolóxico e o tempo ambiental producen en todo o edificio. Hai que ter en conta que a praza de abastos é un dos eixes sobre os que pivota o pequeno comercio do noso concello e polo tanto é o noso deber como administración mantelo nas condicións axeitadas para o fin para o que foi construído.