Inicio

Deprecated: mysql_connect(): The mysql extension is deprecated and will be removed in the future: use mysqli or PDO instead in /home/ppdapobr/public_html/admin/classes/mysql.php on line 17

Deprecated: mysql_connect(): The mysql extension is deprecated and will be removed in the future: use mysqli or PDO instead in /home/ppdapobr/public_html/admin/classes/mysql.php on line 17

redución deputados,delegacións no exterior,Cataluña,asesores Feijoo

Xoves, 02 de Agosto 2012

REDUCIÓN DEPUTADOS

A proposta do presidente Feijóo foi avalada onte unánimemente polos dirixentes rexionais do PP. Unha vez máis, Galicia é pioneira en introducir reformas que consolidan o noso sistema pero cun menor custo para o cidadán. Nun momento de crise, os políticos deben costar menos e debe haber máis recursos para os servizos.

PSOE e BNG deben explicar á cidadanía claramente as razóns que lles levan a rexeitar esta redución que permitiría aforrar 6 millóns de euros ao ano, o equivalente a 600 prazas de escolas infantís ou de centros de día. Non nos estraña a súa postura, despois de lembrar o malgasto que caracterizou ao bipartito.

Non hai cambio de regras de xogo, porque a cifra de 61 deputados xa está aceptada polo Estatuto de Autonomía. Non hai perda de representatividade, porque se mantén o peso específico das provincias do interior. O único que hai é menos gasto na clase política, tal e como demanda hoxe en día a sociedade. Menos políticos e con soldos máis baixos. Galicia xa aplica esa receita na Xunta, e agora tamén no Parlamento.

DELEGACIÓNS NO EXTERIOR

En primeiro lugar, a Xunta non ten embaixadas no exterior, senón delegacións para a atención aos seus emigrantes e outras cun claro carácter comercial, que buscan a internacionalización da industria galega. Por tanto, é unha diferenza radical respecto das oficinas doutras autonomías como Cataluña.

Por outra parte, a Xunta actual xa acabou cos alugueres de luxo para as súas oficinas e devolveu o groso das súas dependencias no exterior ás sedes dos centros galegos, co consecuente aforro económico. O acordo alcanzado onte co Ministerio de Exteriores permitirá novos aforros, ao empregar instalacións do ICEX para acoller as oficinas comerciais.

É un novo exemplo de como aforrar á vez que se defende a Galicia e impúlsanse políticas de promoción da actividade industrial.

CATALUÑA

Cataluña evidenciou onte que hai comunidades que xestionaron mal os seus recursos, a pesar de ser as máis privilexiadas no novo sistema de financiamento autonómico. Unha vez máis, Galicia pode dar leccións de práctica orzamentaria. Galicia non necesita deixar de pagar aos seus provedores, nin aos dependentes, nin aos seus funcionarios. Galicia é unha comunidade solvente grazas ás reformas do presidente Feijóo.

Desde 2009, a Xunta estableceu prioridades no gasto. Mantívose o importante e eliminouse o accesorio e secundario. Reduciuse en altos cargos, consellerías, parque móbil e persoal de confianza. A Xunta dá o mesmo servizo aos galegos pero cun menor custo. Isto permitiu rebaixar o tempo de pago das facturas a provedores e que Galicia sexa unha comunidade fiable nos mercados, como o recoñecen as axencias de cualificación.

Mentres Cataluña rebaixa o soldo aos seus funcionarios, cobra un euro por receita, pecha plantas completas de hospitais e centros de saúde e deixa sen pagar as súas débedas, Galicia fai todo o contrario. Non se tocou o soldo dos funcionarios, e ademais compensarase no futuro a supresión da paga extra imposta polo Estado; os xubilados galegos non terán que adiantar o diñeiro dos medicamentos; levamos máis dun ano aforrando co noso catálogo de fármacos e quedan recursos para construír dous novos hospitais públicos.

ASESORES FEIJÓO

O gabinete de apoio ao Presidente da Xunta é o máis austero da historia da autonomía. Non só é o que conta con menos persoas, senón que ademais rebaixáronse de forma xeneralizada todos os soldos desde o ano 2009. Por tanto, non cabe malgasto algún. Nada comparado coas 74 persoas recoñecidas como asesores da Presidencia na época do bipartito.

Concretamente, Feijóo emprega 1,7 millóns de euros en persoal de gabinetes, mentres que Touriño gastaba 2,3 millóns de euros, un 27% máis.

En total, a redución total de persoal de gabinetes supera o 35%.

Os cargos de confianza de todo o goberno democrático son nomeados con carácter temporal. É así non só na Xunta, senón en deputacións, concellos ou ministerios. Non existe conduta irregular, inmoral ou ilegal. E iso comprende tanto a altos cargos, cuxo número se reduciu á metade, como a persoal de gabinete.