Inicio

Deprecated: mysql_connect(): The mysql extension is deprecated and will be removed in the future: use mysqli or PDO instead in /home/ppdapobr/public_html/admin/classes/mysql.php on line 17

Deprecated: mysql_connect(): The mysql extension is deprecated and will be removed in the future: use mysqli or PDO instead in /home/ppdapobr/public_html/admin/classes/mysql.php on line 17

Plan de Infraestructuras Rural

Venres, 24 de Decembro 2010

A Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia, concedeu obras a este Concello por un importe de 79.976,85€ e con cargo ao Plan de Infraestructuras do Rural (PIR 2011) de obras a realizar neste termo municipal.

A Comisión de Goberno con data 15 de decembro de 2010, aprobou as obras seguintes e que se farán a maior brevidade posible, dentro dos orzamentos do 2011.

ACCESO DESDE A ESTRADA AC-305 A PRAIA DA MERCED. Esta é unha das obras a levar a cabo por un importe de 48.324,7€, os traballos a realizar na mesma consistirán na mellora en saneamento, acondicionamento de todo o camiño rematando cun asfaltado en quente de 6 cm, así como a baixada a Praia.

PAVIMENTACIÓN DO ENTORNO DA TOMADA E ARRANXO DO VIAL O CAMPO-XUNQUEIRAS esta obra moi demandada polo veciños ascende a un importe de 31.652,14€ consistirá na pavimentación de toda a estrada do entorno da Tomada, en asfaltado en quente, acondicionamento das cunetas e a recollida de pluviais, así como o ensanche da mesma.

Con relación a obra do Campo-Xunqueiras as obras consistirán en acondicionamento o longo da mesma, ensanchamento da estrada, canalización das cunetas con tubería e limpeza de todo o vial.

A Política deste Equipo de Goberno é mellorar, tódolos accesos e servizos nas Parroquias, con esta inversión dase un paso importante as melloras destes lugares, mellorando desta maneira a calidade de vida dos seus veciños.

Agradecemos a Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia, que nos haxa concedido ditas obras.

Aproveitamos para desexarlle a tódolos veciños e veciñas unhas Felices Festas e un vindeiro Ano Novo 2011.