Inicio

Deprecated: mysql_connect(): The mysql extension is deprecated and will be removed in the future: use mysqli or PDO instead in /home/ppdapobr/public_html/admin/classes/mysql.php on line 17

Deprecated: mysql_connect(): The mysql extension is deprecated and will be removed in the future: use mysqli or PDO instead in /home/ppdapobr/public_html/admin/classes/mysql.php on line 17

Visita da Conselleira de Traballo e Benestar

Venres, 14 de Xaneiro 2011

Este equipo de goberno ven loitando desde fai tempo para que o Centro de Día da Pobra do Caramiñal sexa unha realidade pois é moi necesario dadas as características socioeconómicas deste concello, no que na meirande parte dos fogares traballan ámbolos dous cónxuxes e que en moitas ocasións teñen maiores ao seu cargo polo que é moi difícil conciliar o traballo e a vida familiar.

É verdade que tamén contamos cunha residencia de 50 prazas para válidos, que se fixeron obras de ampliación e reforma e que é un servizo moi demandado, pero son servizos diferentes.

Agora podemos dicir que o Centro de Día é unha realidade, fai uns meses a Conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, comprometíase para o seu financiamento e construción, e o vindeiro Luns 17 de Xaneiro ás 17:30 estará no noso Concello acompañada do Xerente do Consorcio, para presentarnos o Proxecto.

O futuro Centro de día situarase na rúa Venecia, nunha parcela de propiedade municipal de 575 m2 contemplada no PXOM (Plan Xeral de Ordenación Municipal) como de equipamento e que formará unha estrutura continua cos outros centros relacionados coa rama sanitario-asistencial xa construídos.

Para rematar, e en primeiro lugar, quixera agradecer á Conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, así como ao Xerente do Consorcio, Roberto Rodríguez Martínez, o interese e apoio mostrado para levar a cabo este proxecto. En segundo lugar, felicitarnos todos pois, non cabe ningunha dúbida que os nosos maiores, a través deste Centro de Día, terán un novo servizo e estarán mellor atendidos.