Inicio

DATOS DA EPA

Venres, 26 de Outubro 2012

DATOS EPA

O taxa de paro no terceiro trimestre de 2012 foi de de 20,1 puntos en Galicia e de 25 en España, polo que a comunidade aumentou o diferencial positivo co resto do Estado ata os 4,9 puntos.

Con respecto a isto, lembramos que o diferencial no segundo trimestre entre estas dúas taxas de paro era de 3,56 puntos: Galicia tiña unha taxa do 21,07% e España do 24,63%.

Por tanto, neste trimestre a taxa de paro en Galicia baixou un punto, mentres que no Estado rexistrouse un aumento do 0,4 fronte aos datos do trimestre anterior.

Galicia, é a oitava Comunidade Autónoma con menor taxa de paro. As comunidades autónomas con taxas de paro máis elevadas son Andalucía (35,42), Canarias (33,6), e Estremadura (32,6). Pola súa banda, as taxas de paro máis baixas rexistránse en Navarra (14,9), País Vasco (15,4); e Cantabria (15,7)

En comparación co trimestre anterior, Galicia é a segunda comunidade onde máis baixa o paro en termos absolutos (só superada por Madrid. En Galicia baixa en 11.900, e en Madrid baixa en 15.100).

Ademais, neste trimestre Galicia rexistrou un aumento de activos (+2.100) –isto é, incrementouse o número de persoas en idade de traballar e, ao mesmo tempo, tamén descendeu o paro-. Tamén aumentou o número de ocupados (+14.000). Mentres, na media do Estado baixaron tanto os activos como os ocupados.

Galicia rexistra un mellor comportamento tamén en termos interanuais, é dicir, comparando co terceiro trimestre de 2011. Daquela, a taxa de paro en Galicia era do 17,24% mentres que en España ascendía ao 21,52%.

Segundo estes datos, a taxa de paro en Galicia incrementouse en 2,88 puntos, mentres que no Estado este incremento foi de 3,5 puntos.

Con esta taxa de paro o número de parados, segundo a Enquisa de Poboación activa, sitúase en 264.000 en Galicia (en paro rexistrado o número de parados no mes de xuño é de 259.373 parados). Isto supón un descenso bruto de 11.900 parados menos con respecto ao trimestre anterior.

En España, esta cifra ascende a 5.778.100 persoas paradas. No conxunto do Estado o paro increméntase en 85.000 persoas, con respecto ao segundo trimestre

Obviamente, aínda que é unha taxa de paro elevada e estamos a falar do terceiro trimestre, polo que ten unha forte compoñente estacional, o certo é que estes datos reflicten que Galicia está a presentar un mellor comportamento no desemprego que España.