Inicio
XV CONGRESO DO PARTIDO POPULAR DE GALICIA

XV CONGRESO DO PARTIDO POPULAR DE GALICIA

Xoves, 13 de Decembro 2012

A Xunta Directiva do Partido Popular de Galicia acordou o pasado 4 de decembro a convocatoria do XV CONGRESO DO PARTIDO POPULAR DE GALICIA, a celebrarse os días 19 e 20 de xaneiro de 2013 no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo.

De conformidad co Regulamento do Congreso son compromisarios/as electos/as os/as designados/as polas organizacións locais, en asembleas convocadas ao efecto.

No suposto de que queiras participar como compromisario/a, deberás inscribirte no rexistro de compromisarios das sedes do partido popular ou Xuntas Locais ata ás 20:00 horas do día 18 de decembro. De conformidade co disposto nos artigos 8 e 9 do Regulamento do Congreso e o artigo 7 para poder ser compromisario/a deberás estar ao corrente de pagamento das cotas de afiliado/a.

Unha vez rematado o prazo de inscricón de aspirantes a compromisarios/as, celebraranse as asembleas para elixir aos/as compromisarios/as desta provincia e que terán lugar o día 21 de decembro ás 17:00 horas e que se prolongarán ata ás 20:00 horas dese mesmo días, nas respectivas Sedes Locais, espazo de tempo no que poderás exercer o teu dereito ao voto para a elección de compromisarios/as e para o que poderás retirar a papeleta oficial de votación a partires das 10:00 horas do día anterior, nas mencionadas sedes do Partido ou Xuntas Locais.

A distribución de compromisarios foi aprobada no Comité Executivo Provincial, celebrado o 10 de Decembro na Coruña. A distribución figura como documento anexo a esta carta.

Estas asembleas faranse soamente no caso de que o número de aspirantes sexa maior que o de prazas.

Para calquera dúbida e información podes consultar na páxina web do Partido Popular de Galicia para o XV Congreso Autonómico http://xvcongreso.ppdegalicia.com/congreso/Index.action ou na páxina web do Partido Popular da Provincia da Coruña www.ppcoruña.es