Inicio

Deprecated: mysql_connect(): The mysql extension is deprecated and will be removed in the future: use mysqli or PDO instead in /home/ppdapobr/public_html/admin/classes/mysql.php on line 17

Deprecated: mysql_connect(): The mysql extension is deprecated and will be removed in the future: use mysqli or PDO instead in /home/ppdapobr/public_html/admin/classes/mysql.php on line 17

VALORACION DO PARO NO MES DE XANEIRO 2013

Luns, 04 de Febreiro 2013

VALORACIÓN PARO XANEIRO

Galicia rexistrou no pasado mes de xaneiro un total de 290.790 persoas desempregadas, o que supón en termos absolutos un aumento do paro rexistrado de 12.003 persoas. A cifra representa un aumento porcentual do 4,31% con respecto ao mes anterior.

No Estado o desemprego aumentou o pasado mes nun 2,72%. Incrementouse en 132.055 persoas desempregadas e, polo tanto, no Estado o número de persoas desempregadas situase en 4.980.778.

Con todo, Galicia rexistra un comportamento mellor na evolución interanual que en 2012. Neste mes de xaneiro rexistrouse un incremento do 7,19%, o que supón en termos absolutos 19.506 persoas. Mentres, en 2012, este incremento era de 25.453 persoas, un 10,35%, isto é dun ano a outro melloramos a dato interanual en máis de 3 puntos.

En comparación co Estado, o comportamento interanual de Galicia tamén é mellor. Se en Galicia o interanual se incrementa nun 7,19% (máis 19.506 persoas), na media do Estado incrementouse en 8,28%. Polo tanto, a evolución interanual do desemprego en Galicia está 1,1 punto por debaixo da media estatal. Hai un ano, a situación era totalmente inversa. A evolución interanual da media de España era, cun 8,7%, 1,63% mellor que a galega, cun 10,35%.

Actualmente conseguiuse inverter esa situación, e Galicia está mesmo mellor que España. Galicia é, en termos interanuais, a cuarta comunidade onde menos sobe o desemprego. Estes datos son proba de que se está a conter a destrución de emprego na nosa Comunidade autónoma.

No caso de Galicia e do mes de xaneiro, estamos a falar dun dato negativo, porque hai un aumento do paro, que se concentra principalmente no sector servizos (comercio, restauración...), polo que está vinculado ao remate da campaña de Nadal. Xaneiro en Galicia é un mes tradicionalmente malo. De feito, lévanse rexistrado incrementos do paro desde o ano 2005 neste mes. Con todo, o aumento do xaneiro de 2012 foi maior que o rexistrado este mes.