Inicio

Deprecated: mysql_connect(): The mysql extension is deprecated and will be removed in the future: use mysqli or PDO instead in /home/ppdapobr/public_html/admin/classes/mysql.php on line 17

Deprecated: mysql_connect(): The mysql extension is deprecated and will be removed in the future: use mysqli or PDO instead in /home/ppdapobr/public_html/admin/classes/mysql.php on line 17

CASO BARCENAS

Mércores, 06 de Febreiro 2013

CASO BÁRCENAS

A regularización fiscal que autorizou o Ministerio de Facenda establecía que non poderían acollerse á mesma as persoas que estivesen imputadas ou baixo investigación xudicial, nin serviría para legalizar diñeiro procedente de actividades ilícitas.

Por tanto, nin Luis Bárcenas nin ningún dos implicados na trama Gürtel poderían beneficiarse da mesma como persoas físicas. E se o fixeron a través de empresas ou sociedades interpostas, non obterían os efectos que marcaba a regularización.

Dado que a trama Gürtel está aínda baixo investigación xudicial, será un xuíz o que obteña toda a información e o que determine se determinadas persoas se acolleron irregularmente á regularización e por tanto non só non legalizaron o seu diñeiro, senón que deixaron á vista contas en paraísos fiscais para que actúe a xustiza.

O PP reitera que nunca abonou cantidades a traballadores ou cargos en diñeiro negro porque nunca existiu unha contabilidade así. Todos os pagos realizáronse coas correspondentes retencións e cotizacións sociais.

Os populares non temos nada que esconder. Por tanto, celebramos que a Fiscalía entre de oficio no asunto para que, canto antes, quede meridianamente claro ante toda a sociedade española que o PP cumpre estritamente a lei nas súas contas e nos pagos aos seus cargos e traballadores.

O PP non vetou iniciativa algunha do caso Bárcenas no Congreso. Mariano Rajoy someterase a unha sesión de control na que os grupos poderán preguntar o que estimen oportuno, e dentro de quince días terá lugar o Debate sobre o Estado da Nación, no que comparece o presidente do Goberno.

CRISE GOBERNO VIGO

O goberno en minoría de Abel Caballero suma un novo episodio negro, agora cunha crise de goberno na que desautorizou a pesos pesados como Carlos López Font, Raquel Díaz ou Isaura Abeleiras para darlle máis poder a Carmela Silva e ao que era o seu xefe de gabinete, David Reigades.

Que Caballero outorgue máis competencias a Carmela Silva é unha nova burla aos socialistas de toda Galicia que si cumpren a máxima de “unha persoa, un cargo”. Caballero xa non recoñece a Pachi como líder, e por tanto, non acata as súas directrices.

Ruboriza que as únicas explicacións de Caballero para xustificar a súa crise de Goberno sexa atacar ao portavoz do PP en Vigo, José Manuel Figueroa, con insultos e descalificacións.

Pero todo enténdese cando el mesmo considérase alcalde dunha ‘cidade-estado’. É comprensible que o seu ‘estado’ sexa só Vigo, porque cando tentou que os límites se estendesen a toda Galicia e foi candidato autonómico, o PSOE tocou fondo.

É incomprensible que o BNG critique esta remodelación pero siga permitindo que Caballero goberne, cando a lista máis votada nas eleccións foi o PP. O Bloque é cómplice da deriva errática do goberno local de Vigo e alimenta os delirios de grandeza de Caballero.

INVITADOS PARLAMENTO

A presidenta Pilar Rojo quere que cada grupo parlamentario se responsabilice dos grupos de invitados aos que dea acceso á Cámara. Non pode ser que aproveitando as cotas da oposición se convirran os plenos en algaradas cheas de insultos e ameazas aos deputados.

Os grupos rexeitaron esta opción. É dicir, a oposición elude calquera responsabilidade sobre as persoas ás que convida, e ás que en ocasións se suma para gritar contra o goberno, como ocorreu na recente protesta do naval.

Agora, a presidenta expón que sexan os propios convidados os que asuman as súas responsabilidades. Quen acepten, pasarán á tribuna de invitados e quen non, verán a sesión por televisión desde as dependencias de cada grupo. Isto xa ocorre noutros Parlamentos onde por limitacións de espazo non hai tribuna de invitados.

DECLARACIÓN BALTAR

O PPdeG quere reiterar unha vez máis o dereito de calquera persoa á presunción de inocencia, sexa cargo público ou non. Por tanto, consideramos que José Luis Baltar é un cidadán que hoxe acode ante un xuíz a dar a súa versión duns feitos que se lle imputan. Nada máis.

Será a xustiza a que deba ditaminar, e non a oposición, se se cumpriu a normativa legal para a contratación desas 104 persoas. Polo momento, os xefes de servizo da Deputación constataron onte que si había razóns de urxencia para estas incorporacións.

Este non é un xuízo político sobre a militancia dos contratados, senón sobre a legalidade ou non desas contratacións.