Inicio

Deprecated: mysql_connect(): The mysql extension is deprecated and will be removed in the future: use mysqli or PDO instead in /home/ppdapobr/public_html/admin/classes/mysql.php on line 17

Deprecated: mysql_connect(): The mysql extension is deprecated and will be removed in the future: use mysqli or PDO instead in /home/ppdapobr/public_html/admin/classes/mysql.php on line 17

CASO BARCENAS,CASO MATO,INGRESOS MARIANO RAJOY,ENQUISA CIS, CASO BALTAR,MANIFESTACION EDUCACION

Xoves, 07 de Febreiro 2013

CASO BÁRCENAS

Os populares felicitámonos pola rápida actuación da Fiscalía para aclarar o máis axiña posible o suposto escándalo da “contabilidade B”, que cada vez é máis suposto e menos escándalo. O PP insiste en que os papeis publicados son falsos e non se corresponden con contabilidade algunha do partido, por máis que haxa apuntamentos que si corresponden con outros recoñecidos e auditados polos órganos de control.

Cremos que os pasos dados pola Fiscalía son os adecuados. A proba caligráfica reclamada a Bárcenas resolverá con precisión se os papeis publicados son seus ou non, como el reiterou ante o fiscal.

Respecto á alegación de Jorge Trías de que el vira eses papeis e que así o dixo ante o xuíz “para cumprir co seu deber”, os populares recomendámoslle que cumprir co deber é denunciar ante a xustiza a comisión de actos ilícitos, e non terllo calado durante anos por razóns que se descoñecen.

Caso Mato

A ministra de Sanidade aclarou que estaba separada de Jesús Sepúlveda cando este percibiu supostamente agasallos da trama Gürtel. Así o indicou en numerosas ocasións. O feito de que a separación non fose legal non a implica de ningún xeito na trama.

O informe da UDEF no que se detallan os agasallos recibidos por Sepúlveda non achega ningún dato novo a este respecto. Lembramos que Ana Mato foi investigada por un xuíz, e ditaminouse o arquivo da causa por non haber indicios de delito.

As opinións son libres. Por tanto, a manifestada por Esperanza Aguirre acerca da continuidade ou non de Ana Mato responde a iso, á súa opinión. Os populares galegos apoiamos a presunción de inocencia, e aínda máis no caso dunha persoa que foi investigada e exonerada de toda responsabilidade.

Ingresos Mariano Rajoy

As retribucións de Rajoy estiveron en mans do Congreso dos Deputados desde que así o establecía a lei. Por tanto, o presidente do PP e o resto de deputados estiveron fiscalizados pola Cámara Baixa.

O que non se pode é criticar a Rajoy por unha cousa e a súa contraria. Primeiro acúsaselle pola percepción deses supostos sobresueldos e de ocultación dos seus ingresos, pero cando todo isto é público e demóstrase que non hai nada irregular, acúsaselle de cobrar moito.

Todos os ingresos percibidos polo presidente do Goberno axustáronse á lei en todo momento. Tiveron a correspondente retención fiscal e tributaron ante Facenda. Por tanto, desviar o debate é malicioso. Rajoy nunca percibiu “diñeiro B”, que é do que se lle acusou sen probas todos estes días.

Gustaríanos que este exercicio de transparencia o fixesen o resto de líderes políticos, e que se lles escrutara co mesmo grao de esixencia.

ENQUISA CIS

A enquisa do CIS reflicte unha profunda desafección da sociedade non xa co PP, senón en xeral coa clase política. A actual situación de crise económica xerou unha sensación xeralizada de cansancio na sociedade, que os populares entendemos, e que confiamos que se reverterá conforme vaian dando os seus froitos as reformas emprendidas.

Lembramos que o último estudo do INE sobre hábitos de consumo, os españois manifestaban a súa confianza nunha recuperación pronta da economía. Por tanto, o CIS reflicte un presente negro como punto de partida cara un futuro máis despexado.

Ao PP non lle preocupan as enquisas demoscópicas, senón as de poboación activa. Non nos importa o desgaste da ‘marca PP’ se con iso evitamos o desgaste da ‘marca España’.

En todo caso, e a pesar de todo o desgaste derivado da acción de goberno, o PP sigue sendo o primeiro partido de España, por diante dun PSOE afundido. Os socialistas farían ben en preguntarse se a súa estratexia de boicot sistemático ao goberno, se a súa radicalización está a levarlles a algún sitio. E se o seu líder, Rubalcaba, lles aporta algo.

CASO BALTAR

O ex presidente da Deputación de Ourense prestou onte declaración ante o xuíz que investiga os supostos contratos irregulares. José Luis Baltar puido dar a súa versión, que era a que faltaba tras semanas de especulacións por parte dos grupos da oposición.

Con respecto aos incidentes entre indignados e simpatizantes, aos populares galegos só nos importa o que ocorreu dentro do xulgado, non fóra.

Baltar explicou que o procedemento de urxencia estaba recollido nas ordenanzas de contratación da Deputación, e que era o reclamado polos xefes de servizo para a incorporación de persoal de maneira temporal. Así o dixeron estes mesmos xefes de servizo o pasado martes.

Ademais, lembrou que o deber de informar o cumprimento ou non das citadas ordenanzas non corresponde ao presidente, senón a outros cargos da Deputación, como o secretario e o interventor, que no seu momento non percibiron a Baltar de inconveniente algún.

Os populares lembramos que nos currículums de ningún traballador figura a súa militancia política.

Reiteramos o noso respecto pola presunción de inocencia. O PPdeG non contribuirá a xuízos paralelos nin en leste nin en ningún outro caso que estea sometido a investigación xudicial. E lembramos que o que se xulga aquí non é a militancia dos contratados, senón se a súa contratación fíxose conforme aos procedementos establecidos.

MANIFESTACIÓNS EDUCACIÓN

Tras o seu fracaso nas urnas, os partidos fan oposición a golpe de pancarta, manifestación tras manifestación. O preocupante é que nesta ocasión están a manipular aos estudantes dunha forma vergoñosa con tal de hostigar ao Goberno.

A reforma educativa en España é máis que necesaria, á vista do fracaso crónico que supuxo a LOGSE creada e desenvolvida polos distintos gobernos socialistas. Isto non o di o PP, senón os informes sobre a calidade do ensino que elaboran organismos internacionais.

O Ministerio de Educación presentou ata o momento diversos borradores da reforma, á que non se deu polo momento forma de anteproxecto de lei. É dicir, que a vía do diálogo está aberta, tal e como lembra a Xunta.

Por tanto, menos pancarta e máis proposta. Porque este Goberno non quere máis fracaso escolar. Á vista está de que, co seu rexeitamento á reforma, o PSOE si.