Inicio

Deprecated: mysql_connect(): The mysql extension is deprecated and will be removed in the future: use mysqli or PDO instead in /home/ppdapobr/public_html/admin/classes/mysql.php on line 17

Deprecated: mysql_connect(): The mysql extension is deprecated and will be removed in the future: use mysqli or PDO instead in /home/ppdapobr/public_html/admin/classes/mysql.php on line 17

ENQUISA SONDAXE,SOLDO RAJOY,SOLDOS DEPUTADOS,TAXAS CONCELLOS,

Luns, 11 de Febreiro 2013

ENQUISA SONDAXE

Os datos da enquisa coñecida este fin de semana arroxan datos negativos para o PPdeG, pero que cremos conxunturais e non atribuíbles á xestión de Feijóo nin á situación en Galicia, senón ao desgaste da ‘marca PP’ en toda España derivado dos casos de suposta corrupción.

A xestión de Feijóo foi analizada na enquisa máis democrática posible, a do 21 de outubro que lle outorgou de novo a confianza maioritaria dos cidadáns e un avance de 3 deputados.

Ademais, a enquisa de Sondaxe reflicte que Feijóo segue sendo o líder político máis valorado de Galicia. Por tanto, non é a súa xestión á fronte da Xunta a que condiciona os malos resultados do PPdeG.

Os populares cremos que cando as reformas emprendidas polo Goberno de Rajoy comecen a dar os seus froitos e se recupere a actividade económica e a creación de emprego, a ‘marca PP’ volverá cotizar á alza na nosa sociedade.

No entanto, cremos que a oposición ten un problema moi serio á vista da enquisa. Que nin PSOE nin BNG rendibilicen o mal momento puntual do PPdeG para incrementar os seus apoios evidencia que a súa estratexia de radicalización para tentar competir con AGE só lles conduce á autodestrución.

O ascenso de AGE é unha mera ilusión, froito dun clima social de crecente malestar, que leva á cidadanía a un voto de castigo cara a partidos antisistema. Neste tres meses, non se coñeceu programa algún de AGE. Por tanto, os galegos non poden valorar máis aló das saídas de ton do seu líder Beiras, porque propostas políticas aínda non fixeron a primeira.

SOLDO RAJOY

O presidente Rajoy fixo esta fin de semana o exercicio de transparencia prometido, publicando os seus datos fiscais de Renda e Patrimonio do dez últimos anos. É a primeira vez que un presidente do Goberno fai pública esta información e accesible a calquera cidadán.

O PP non lle ten medo á transparencia. Todo o contrario. O PP non ten nin tivo nunca unha contabilidade paralela, distinta á que ha auditado anualmente o Tribunal de Contas. O PP nunca se financiou con ‘diñeiro negro’ nin pagou sobresoldos de forma irregular.

É indecente que aqueles que sinalaban a Rajoy e sementaban a dúbida sobre a orixe das súas retribucións esixindo que as fixese públicas agora desvíen o debate cara a se gañaba moito ou pouco.

Retamos ao resto de dirixentes políticos da oposición a que fagan o mesmo que Rajoy, e presenten as súas declaracións fiscais do últimos dez anos.

SOLDOS DEPUTADOS

O PPdeG recollía no seu programa electoral co que se presentou ás autonómicas de outubro unha reforma no réxime retributivo dos deputados.

A promesa electoral do PP tamén estaba referida á redución do número de deputados ao máximo posible.

O PP cumprirá estes compromisos electorais conxuntamente ou por separado, pero lembramos que a lexislatura leva consumidos apenas dous meses do catro anos que supón.

Os populares tomaremos decisións sen precipitacións e sempre froito da reflexión e a procura de consensos para reformar este sistema herdado da época do bipartito.

No entanto, cremos oportuno lembrar que os partidos que agora se rasgan as vestiduras por este sistema, como PSOE e BNG, eran os que controlaban o Parlamento cando Dolores Villarino puxo en marcha as “axudas de custo” que non tributan.

A socialistas e nacionalistas resultáballes tan “inxusto” o sistema que non presentaron unha soa iniciativa durante a pasada lexislatura para reformalo.

TAXAS CONCELLOS

Trátase dunha proposta que a Fegamp incluíu o pasado novembro nas conclusións da Comisión de Análise Local.

É unha proposta que pide á Xunta unha maior marxe para que sexan os concellos os que poidan fixar libremente a coparticipación dos veciños no financiamento dos servizos públicos municipais.

A Fegamp faise eco das peticións dos seus alcaldes, de todo signo político, é dicir, tamén de socialistas e nacionalistas. O documento foi aprobado pola Executiva da Fegamp o pasado mes de novembro.