Inicio

Deprecated: mysql_connect(): The mysql extension is deprecated and will be removed in the future: use mysqli or PDO instead in /home/ppdapobr/public_html/admin/classes/mysql.php on line 17

Deprecated: mysql_connect(): The mysql extension is deprecated and will be removed in the future: use mysqli or PDO instead in /home/ppdapobr/public_html/admin/classes/mysql.php on line 17

RENUNCIA PAPA, SOLDO RAXOI, ETC

Martes, 12 de Febreiro 2013

RENUNCIA PAPA

Os populares galegos acollemos co máximo respecto e agarimo a decisión do Papa Bieito XVI de renunciar ao seu cargo alegando falta de forzas e ánimos para realizar a súa tarefa. É un exercicio de enorme humildade e responsabilidade que demostra a humanidade do Santo Pai.

Os galegos lembraremos a Bieito XVI como un peregrino máis no Xacobeo 2010, ao honrar o Ano Santo coa súa presenza e visita a Santiago. É un xesto que nunca esqueceremos, así como as súas demostracións de proximidade e bondade cara a toda Galicia naquel día histórico.

SOLDO RAJOY

O presidente Rajoy cumpriu co compromiso de transparencia que asumiu diante de todos os españois publicando as súas declaracións fiscais, de Renda e Patrimonio na web da Moncloa. Calquera cidadán pode acceder a elas e formarse unha opinión libre e sen as insidias que a oposición estivo lanzando estes días.

O incremento no soldo que o PP abonaba a Rajoy como presidente nacional entre 2007 e 2011 debeuse exclusivamente a pluses electorais, derivados da súa participación en diferentes campañas.

Con todo, os españois non van poder formarse unha opinión sobre o soldo de Rubalcaba, quen tras pedirlle a Rajoy que amosase as súas contas, agora esconde as súas alegando que non hai un formato común para publicalas.

Causa certa sorpresa que o líder da oposición esixa aos demais o que non aplica con el mesmo. Fíxoo coas contas do PSOE despois de que o PP presentase publicamente as súas, e faino agora cos soldos.

Rubalcaba perdeu toda lexitimidade para dar leccións de ética política e transparencia.

O compromiso dos populares vai máis aló, xa que toda a directiva do PP presentará en breve as súas declaracións fiscais.

En Galicia, hai anos que os galegos poden coñecer non só o patrimonio e renda dos conselleiros e o presidente da Xunta, senón tamén do resto de deputados do Parlamento.

CESAMENTO SEPÚLVEDA

O PP decidiu despedir a Jesús Sepúlveda, ex alcalde de Pozuelo e implicado na trama Gürtel.

Segundo explicou onte Cospedal, o PP considerou oportuno romper a relación laboral que mantiña con Sepúlveda, traballador do partido, e así mostrar unha vez máis unha actitude exemplar ante a sociedade.

Cospedal recoñeceu que o PP rectifica a súa posición inicial de manter a Sepúlveda por non darse motivos que sustanciasen un despedimento. A súa saída do partido farase conforme a actual normativa laboral en vigor.

Os populares galegos cremos que este tipo de actuacións exemplares están en liña coa postura de contundencia que o presidente Feijóo demostrou desde o primeiro día ante os casos de corrupción.

SOLDO DEPUTADOS

O Grupo Popular mostrouse onte favorable a unha modificación nas retribucións dos deputados, aínda que indicou que é unha cuestión que debe abordarse na Mesa do Parlamento, órgano de goberno da Cámara.

Os populares lembramos que o actual sistema de retribucións, polo que os deputados non tributan o 100% dos seus ingresos, é herdado da época do bipartito, e que foi unha presidenta socialista a que o aprobou, coa conivencia do mesmo BNG que hoxe di que é “irracional” e que “hai que cambialo canto antes”.

En todo caso, lembramos que o sistema é plenamente legal, porque todos os ingresos decláranse ante a Axencia Tributaria.

O compromiso do PP coa austeridade nas retribucións dos deputados é inequívoco. En apenas tres anos e medio baixouse dúas veces o soldo dos parlamentarios, primeiro un 10% e o pasado decembro o equivalente a unha paga extra.

Preguntámonos a que se debe a marcha atrás do PSOE, que o fin de semana dicía por boca de Pachi que os deputados deberían tributar “como un traballador máis” pero que onte luns xa non estaban tan polo labor. Debe ser que o que di Pachi e o que pensa o resto do partido son cousas distintas.

DELEGADO OURENSE

O xulgado de Ribadavia limitouse a anunciar a reapertura da instrución xudicial dun caso que xa se sobreseyó en 2006. Ata o momento, ninguén se dirixiu a Rogelio Martínez para comunicarlle situación procesual algunha, polo que consideramos prematuro facer calquera valoración ou tomar decisión algunha.

O PPdeG respecta a presunción de inocencia de calquera persoa, ostente cargo público ou non. O caso de Rogelio Martínez non é distinto.

En calquera caso, as manifestacións do delegado da Xunta en Ourense sobre a asunción de posibles responsabilidades no caso de que se concrete unha acusación xudicial hónrano e son de agradecer.

Lembramos que o que investiga o xulgado é unha presunta malversación no uso duns fondos europeos cando Martínez era presidente dun grupo de acción local como alcalde de Arnoia.

IMPOSTO PATRIMONIO

O PPdeG alcanzou onte un consenso co PSdeG para elevar os tipos do imposto de patrimonio que permitirá á Xunta ingresar 8 millóns de euros máis este ano.

A reforma non afecta á vivenda habitual, que seguirá sendo deducible, e o mínimo exento sitúase nos 700.000 euros.

Por tanto, o incremento do gravame prodúcese aos patrimonios que superen esa cifra. É dicir, pídese un esforzo a quen máis teñen para obter recursos cos que seguir blindando as políticas sociais e os servizos públicos.

O PPdeG demostra unha vez máis a súa capacidade para chegar a acordos con outras forzas políticas sempre que sexa en beneficio de Galicia. Só esperamos que o PSdeG abandone a radicalidade na que está instalado e compórtese dunha vez como un partido con aspiracións de goberno.

Asesores Xunta

PPdeG e PSdeG tamén acordaron circunscribir exclusivamente ao presidente da Xunta e os conselleiros a posibilidade de ter asesores. Son medidas que inciden na transparencia da administración autonómica e xeran máis confianza na cidadanía.

A actual Xunta xa demostrou a pasada lexislatura que fai máis con menos, ao reducir nun 40% o persoal de gabinete de todas as consellerías e nun 50% o número de altos cargos. Hoxe, a administración gasta menos en si mesma e máis nos galegos.

Tamén se acordou corrixir as retribucións dos directivos de entes institucionais para que ningún cobre máis que o presidente da Xunta.

FLOTEL BARRERAS

O presidente Feijóo vai pedir a Pemex que amplíe o prazo para que o estaleiro Barreras formalice os avais para a construción do flotel que ten asinado.

De novo, Feijóo convértese no mellor axente do sector naval de Galicia, defendendo os seus intereses e garantindo que hai carga de traballo para consolidar emprego e actividade económica no sur de Galicia.

A Xunta estivo sempre ao lado de Barreras, porque de non ser así, como explicou Feijóo, o flotel estar a construír noutro sitio. Fará todo o posible por solucións o tema dos avais.

No entanto, en caso de non ser posible, o presidente Feijóo garantiu que ese encargo non sairá de Galicia, por tanto, redundará no noso sector naval.

As advertencias de Caballero “en nome da cidade de Vigo” son un mal chiste. Caballero é especialista en poñer obstáculos e poñerse medallas. Pero nin con obstáculos nin con medallas conséguense avais para o naval.

Basta lembrar a forma en que o Goberno de Zapatero, que controlaba Pymar, negou avais a Vulcano, a pesar de que Caballero era un “peso pesado” no PSOE.

En todo caso, alegrámonos de que un dirixente socialista pase de dicir que os floteis de Pemex non existen a que teñen que construírse en Barreras. Caballero debería contrastar impresións cos seus compañeiros de partido.

Se hai un partido que apoiou o naval vigués ese foi o PP, desde Galicia e desde España. Desde Galicia, porque a pasada lexislatura puxo en marcha toda unha política de avais para que os estaleiros vigueses puidesen facer fronte aos seus encargos. E desde España, porque se desbloqueou o ‘tax lease’ do que o PSOE se desentendió mentres gobernaba.