Inicio

Deprecated: mysql_connect(): The mysql extension is deprecated and will be removed in the future: use mysqli or PDO instead in /home/ppdapobr/public_html/admin/classes/mysql.php on line 17

Deprecated: mysql_connect(): The mysql extension is deprecated and will be removed in the future: use mysqli or PDO instead in /home/ppdapobr/public_html/admin/classes/mysql.php on line 17

AMNISTIA FISCAL, PARLAMENTO,FEIJOO-CASO BARCENAS,OPERACION POKEMON SANTIAGO

Xoves, 14 de Febreiro 2013

AMNISTÍA FISCAL

Ao PSOE estaláronlle nas mans as acusacións contra o ministro Montoro pola suposta regularización de diñeiro negro dos imputados na trama Gürtel. Segundo o Ministerio, o Goberno de Zapatero regularizou a cinco imputados, e outros dous aproveitáronse posteriormente da normativa aprobada polos socialistas.

Só un dos imputados en Gürtel regularizou diñeiro coa normativa aprobada polo Goberno do PP. A cantidade: 3.200 euros. O resto de imputados: 10 millóns de euros.

Lembramos que os dous imputados que foron deputados autonómicos do PP madrileño foron expulsados do partido e non ostentan cargo algún.

Un informe de Facenda remitido ao xuíz demostra que non houbo en ningún caso amnistía fiscal á carta para ninguén, como acusaba o PSOE.

A estratexia do PSOE desmorónase, e agora queda en evidencia que a súa única intención é desgastar ao Goberno e erosionar a imaxe de estabilidade de España que lle está permitindo recuperar a confianza dos mercados.

DIMISIÓN RAJOY

Rubalcaba carece de autoridade moral para pedir a dimisión de Rajoy como fixo onte no Congreso. Un líder da oposición serio non pode dar pábulo a rumores, fotocopias apócrifas, chascarrillos e insidias para pedir a renuncia dun presidente do Goberno.

Non o pode facer cando todo o que esixiu para crer na transparencia de Rajoy foi feito: publicación das declaracións de renda e patrimonio do últimos dez anos, dobre auditoría das contas do partido e presentación dos exercicios contables que non foron aínda analizados polo Tribunal de Contas.

Non o pode facer cando todo o que esixiu ao PP non o aplicou de forma automática no seu propio partido. Rubalcaba négase a transparentar as súas contas e non puxo a disposición da opinión pública os números do PSOE.

Non o pode facer cando no seu partido hai sospeitas ao redor do seu xerente, Xoan Cornide, o anterior vicesecretario xeral José Blanco está imputado no Supremo e acaba de destaparse unha rede de escoitas ilegais no PSC.

PARLAMENTO

Fronte á actitude de boicot antisistema dos grupos da oposición, os populares seguiremos apoiando con firmeza ao Goberno de Feijóo para sacar a Galicia da crise. Mentres outros buscan a confrontación e a algarada, o PPdeG só se preocupará dos problemas dos galegos.

Por iso, onte o presidente Feijóo anunciou a creación de subvencións de entre 4.000 e 6.000 euros para aquelas persoas que contraten ao seu primeiro traballador, e de 5.000 e 7.000 euros para os segundos e terceiros. Porque nos emprendedores está a saída da crise e a xeración de emprego.

Ademais, Feijóo lembrou que nos 70 primeiros días de goberno mobilizáronse 8 millóns de euros para innovación, 60 millóns de euros para o naval, alcanzouse un acordo para incrementar un 10% o prezo do leite e pactáronse coa patronal os contratos de aprendizaxe e formación para 14.000 desempregados.

FEIJÓO - CASO BÁRCENAS

O presidente Feijóo afirmou rotundamente que o caso Bárcenas “lle repugna”, e manifestou novamente o seu compromiso coa transparencia, anunciando a publicación de todos os seus bens e rendas de antes mesmo de acceder á Presidencia da Xunta. Feijóo volve dar un exemplo que ben poderían imitar o resto de políticos da oposición.

Feijóo recoñeceu que o PP é un partido “con problemas que intenta erradicar a deshonestidade”. Porque nesa dirección han ir todas as medidas adoptadas desde que xurdiron as primeiras informacións que sementaban a dúbida e a sospeita.

Pachi dixo que “o PP galego mancha o nome deste país cos casos de corrupción”. Faría ben en lembrar que o campión das imputacións é o alcalde socialista de Lugo, e que ao anterior rexedor de Ourense tamén lle moveron a cadeira por ese mesmo tema; que un insigne ex ministro de Fomento de Lugo está imputado polo Supremo; e que dicir PSOE é falar dos ERE de Andalucía, centos de millóns para parados que acababan beneficiando a militantes.

O BNG tampouco pode sacar peito. Ten a un ex conselleiro imputado na trama Campión, e distintos xornais publicaron no seu día a chamada “trama Carrumeiro”, onde consellerías nacionalistas beneficiaron a empresas de militantes durante a etapa do bipartito.

EU ten un lastre que se chama Andalucía. Son cómplices do goberno de Griñán, o mesmo presidente ao que lle pediron a dimisión na pasada lexislatura por crer que estaba ao tanto dos manejos ilegais de Elos, pero co que agora gobernan.

OPERACIÓN POKEMON SANTIAGO

O PP quere actuar coa máxima prudencia ante as actuacións xudiciais realizadas na mañá de hoxe no marco da “Operación Pokemon”, e que supoñerían diversos arrestos e rexistros. O partido non ten máis información que a que reflicten os medios de comunicación.

Reiteramos o noso respecto á presunción de inocencia, sobre todo cando non se coñecen os cargos que supostamente se imputan aos detidos.