Inicio

Deprecated: mysql_connect(): The mysql extension is deprecated and will be removed in the future: use mysqli or PDO instead in /home/ppdapobr/public_html/admin/classes/mysql.php on line 17

Deprecated: mysql_connect(): The mysql extension is deprecated and will be removed in the future: use mysqli or PDO instead in /home/ppdapobr/public_html/admin/classes/mysql.php on line 17

EXTRACTOS DA COMPARECENCIA DE ALBERTO NUÑEZ FEIJÓO NO PARLAMENTO DE GALICIA

Mércores, 10 de Abril 2013

EXTRACTOS DA COMPARECENCIA DE ALBERTO NÚÑEZ FEIJÓO NO PARLAMENTO DE GALICIA

10 de abril de 2013

“Quero agradecer, desde esta Tribuna, a comprensión de tantos e tantos galegos e o seu respaldo; pero tamén son Presidente daqueles nos que puido espertar algunha dúbida estas fotos antigas e por iso quixen comparecer hoxe nesta Cámara”.

“Lamento por vostedes, señoras e señores da oposición, que se queden sen discurso. Poden ir directamente ás descualificacións porque velaí van as preguntas e as súas respostas”:

1. ¿En qué momento teño coñecemento da existencia destas fotos?

En 2003, a raíz dun rexistro nunha investigación xudicial.

2. ¿Qué pretenden obter os que as utilizan?

Que non diga o que opino. Que non critique o que considero criticable. Que non defenda aquilo no que creo.

3. ¿Cando se me di que van a ser publicadas?

Desde 2003, continuadamente e con máis intensidade antes das eleccións de 2009 e en 2011. O medio advírteme días antes de que pode publicalas. Moitas das cousas que agora publica como se foran exclusivas de investigacións que eu pretendera ocultar, conteillas eu mesmo.

4. ¿Cál é a orixe desas fotos, segundo o medio de comunicación que as publica?

Non o sei. Non mo quere dicir.

5. ¿Qué tipo de relación tiña naquel tempo con Marcial Dorado?

Limitábase a momentos de ocio, sen transcendencia. Se entón fora o meu amigo non tería problema en dicilo. A dimensión do erro sería a mesma.

6. ¿Era unha relación persoal, ou no contacto con máis persoas?

Coincido sempre con varias persoas e en momentos de ocio. Persoas coas que teño máis, menos ou ningunha confianza.

7. ¿Estiveron algunha vez fóra de Galicia?

Si, nos Picos de Europa, en Baleares e en Portugal, tal e como lle dixen ao medio que o publicou. Non estiven nin en Suíza nin en Inglaterra porque por isto tamén se interesou o periódico.

8. ¿Como se afrontaban os gastos?

Como calquera grupo que fai plans de ocio conxuntos.

9. ¿Canto durou?

Coñézoo arredor de 1994. Cara 1997 enfrío a relación ata cortala definitivamente. Como xa dixen, véxoo puntualmente a raíz dun falecemento en 1999.

10. ¿Por qué finalizou?

Porque coñezo polos medios de comunicación que mantén causas abertas coa Xustiza en materia de contrabando de tabaco; ao contrario do que se me dixera.

11. ¿Mantiveron o contacto entre 2001 e 2003, mentres era investigado?

Non. Rompérase. Nunca o vin nesas datas, tal e como dixo o xuíz.

Se me chamou para felicitarme algún Nadal ou algún cumpreanos, de xeito irrelevante e intranscendente, non o podo precisar como tampouco puido facelo o xuíz.

12. ¿Qué sabía eu de Marcial Dorado no momento en que se estableceu a relación?

Nun primeiro instante nada, como a calquera persoa á que lle presentan a alguén. Despois si sei que ten estado involucrado en procesos contra o contrabando de tabaco; pero tamén que sempre saíu exculpado.

13. ¿Por que lle pregunto a Manuel Cruz se é o seu testaferro?

Porque hai xente que comenta que teñen negocios en común. El négamo.

14. ¿Sabía que esa persoa acabaría involucrado no narcotráfico?

Non teño poderes adivinatorios como parece esixirme a oposición.

15. ¿Asinei ou adxudiquei algún tipo de contrato público con Marcial Dorado?

Non.

16. ¿Foi un erro ter aquela relación?

Si.

17. ¿Debería ter dado máis importancia a eses antecedentes, aínda que non estivera condenado?

Si

18. ¿Actuei nalgunha ocasión condicionado pola existencia desas fotos?

Nunca.

19. ¿Hai máis fotografías?

Nin me preocupa nin o sei. Nada cambia. Parece que o señor Pachi Vázquez si o sabe, segundo dixo este fin de semana. E iso que catro días antes negara que coñecía as fotos.

Pachi Vázquez, 2 de abril: “Nunca vin as fotos nin coñecín a ninguén que as vira”

Pachi Vázquez, 6 de abril: “Hai máis fotos, non son solo catro imaxes”

20. ¿Supón a súa publicación que a chantaxe que pretendían realizar algúns non tivo éxito?

Evidentemente. A súa publicación é a proba de que aqueles que pretenderon amedrentarme con esta posibilidade non lograron absolutamente nada de min.

21. ¿Intentouse amedrentarme desde partidos da actual oposición coa posibilidade de publicar estas fotografías?

Si.

22. ¿Lográrono entón?

Non

23. ¿Lograrano agora?

Non.

“Vostedes, señoras e señores da oposición; con mensaxes en forma de advertencia, pensando que eu tiña que amedrentarme como se algo malo tivera feito ou fora facer o posible, incluso renunciando aos meus principios, por evitar que se publicaran”.

“Señor Vázquez, polo seu modo de facer política, polas súas insinuacións, vostede está “aí, aí”, na oposición.

E outros, por traballar con honestidade e por dicir a verdade, estamos “aquí, aquí”, no Goberno”.

“Se a vostedes non lles chegaba coa miña palabra, falou o xuíz, fíxoo con claridade, e se lles frustrou a infamia”.

“Señores do PSOE e do BNG, ¿saben, de acordo coa documentación que ata agora revisamos, quen foi o goberno que máis diñeiro deu a empresas de Marcial Dorado? O Goberno bipartito”

“¿Acaso poñen vostedes a man no lume por todas as persoas coas que teñen coincidido?”

“¿Poñía Felipe González a man no lume por cando foi invitado a súa toma de posesión no 82 e o ano seguinte se lle vinculou co narcotráfico polo que finalmente sería condenado?”

“¿Poñen vostedes, señoras e señores do PSOE e de IU, a man no lume polo que está acontecendo en Andalucía, co escándalo dos ERES que afecta a máis de 700 millóns de fondos públicos?”.

“¿Poñen vostedes a man no lume polos membros de Bildu-Amaiur?”

“¿Convértelles isto a vostedes en narcotraficantes, corruptos, terroristas, defraudadores ou colaboradores de todo isto? Non, señoras e señores da oposición; pero si revela a súa hipocresía.”