Inicio

Deprecated: mysql_connect(): The mysql extension is deprecated and will be removed in the future: use mysqli or PDO instead in /home/ppdapobr/public_html/admin/classes/mysql.php on line 17

Deprecated: mysql_connect(): The mysql extension is deprecated and will be removed in the future: use mysqli or PDO instead in /home/ppdapobr/public_html/admin/classes/mysql.php on line 17

NAVAL, POKEMON, XUIZO PRESTIGE, PREVISIONS FMI,

Xoves, 11 de Xullo 2013

NAVAL

Desde que Almunia desvelou en metade dun almorzo informativo e de maneira informal que a UE faría a España devolver o “tax lease”, Galicia perdeu 6 contratos para barcos. Outros 14 están no aire.

As imprudencias do comisario cústanlle a Galicia postos de traballo e actividade económica.

Pedimos que non volva pronunciarse ata que non haxa unha decisión definitiva, e deixe de xerar prexuízos aos estaleiros galegos.

Agora máis que nunca, reclamamos que se trate con xustiza ao naval español.

Confiamos nos argumentos xurídicos do Goberno e na mensaxe de unidade política que se forxou en España, do que forma parte o presidente Feijóo e que hoxe transmitirán en Bruxelas persoalmente a Almunia.

A declaración institucional do Parlamento de Galicia é unha importante espaldarazo ao naval. O PP sempre defendeu o naval. Valoramos que o PSOE deixase de defender a Almunia para sumarse á postura da maioría de Galicia.

Por coherencia, a UE non pode castigar con 87.000 desempregados máis ao país con máis parados de Europa.

POKEMON

Paula Prado declarou onte dentro da máis estrita normalidade en calidade de testemuña. A xuíza instrutora quería coñecer a súa versión acerca dos feitos que se investigan.

Prado saíu tal e como entrou, polo que a súa declaración non tivo máis relevancia que a de calquera cidadán que achega á Xustiza o que cre oportuno para un caso.

XUÍZO PRESTIGE

O xuízo do Prestige deixou claro que a responsabilidade primeira e única do accidente foi dun barco ruinoso que non estaba en condicións de transportar esa carga.

O propio capitán Mangouras recoñeceu que había corrosión nos tanques de lastre do petroleiro. É dicir, que o buque non estaba apto para a actividade que se lle encomendou.

A pesar de todo iso, a clasificadora do barco validouno como apto, sen efectuar ningunha reparación aos seus problemas estruturais.

Por tanto, non foi culpa nin dunha ola nas costas galegas, nin do temporal, nin de afastar ou achegar o barco. A catástrofe do Prestige non foi unha decisión política, senón o estado do barco e as 72.000 toneladas de fuel que irresponsablemente alguén cargou.

Igualmente, demostrouse que afastar o barco foi a menos mala das opcións. Introducilo nunha ría suporía a morte durante décadas desa zona. Hoxe, Galicia superou a marea negra.

PREVISIÓNS FMI

O FMI rebaixou as súas previsións de crecemento da economía en 2014 para toda Europa, incluíndo España.

Non compartimos estas previsións, porque cremos que a economía española xa presenta síntomas de cambio de ciclo.

Hoxe, España ten o superávit comercial máis elevado despois de Alemania e un sector financeiro que non precisa de máis axudas. O noso tecido laboral volveuse máis competitivo, e os depósitos que antes saían agora regresan, sumado a unha rebaixa nos intereses da débeda.

O FMI xa se equivocou nas previsións de crecemento para España o pasado ano. Estamos convencidos de que se volverá a equivocar este ano e o próximo.

De Guindos dixo onte que na segunda parte do ano España vai ter taxas trimestrais de crecemento positivas.

España está máis preto que hai ano e medio de saír da crise, e todo grazas ás reformas do PP.