Inicio

Deprecated: mysql_connect(): The mysql extension is deprecated and will be removed in the future: use mysqli or PDO instead in /home/ppdapobr/public_html/admin/classes/mysql.php on line 17

Deprecated: mysql_connect(): The mysql extension is deprecated and will be removed in the future: use mysqli or PDO instead in /home/ppdapobr/public_html/admin/classes/mysql.php on line 17

Visita do Director Xeral de Patrimonio

Mércores, 26 de Xaneiro 2011

O alcalde da Pobra, Isaac Maceiras Rivas, recibiu onte o Director Xeral de Patrimonio, José Manuel Rey Pichel. Ambos os dous visitaron dous edificios que necesitan ser rehabilitado. En primeiro lugar estiveron na Igrexa de Santa María a Antiga do Caramiñal. José Manuel Rey sinalou que efectivamente hai que proxectar unha restauración xa que hai un unha fisura na estrutura que pode provocar humidades e filtracións de auga. "Si, é necesario arranxala", dixo.

Logo, visitaron a Capela do cemiterio do Caramiñal, que tamén ten un problema importante de humidades por culpa dun tellado en mal estado. Rey comprometeuse a que os técnicos estuden o xeito de mellorar esta cuberta para evitar que se produzan danos na capela. O director xeral de Patrimonio destacou a beleza e o interese da necrópole: "Paréceme interesante, estame a encantar", afirmou durante o seu percorrido polo camposanto.

O alcalde, pola súa banda, agradeceu a Patrimonio que se interesase por estes dous edificios e destacou a importancia de que vaian ser rehabilitados. Logo, sinalou que tamén pediu axuda á Xunta para restaurar algúns dos fondos do museo de Valle-Inclán. Dixo que sería especialmente interesante reparar algúns mobles cedidos pola familia do xenial artista.

O director xeral de Patrimonio insistiu na necesidade de que os concellos se preocupen de facer melloras a cada paso para evitar que as humidades ou outras patoloxías acaben danando edificios históricos. "É importante coidar o noso patrimonio, protexelo e vixialo todos os anos, aínda que sexa soamente facendo pequenas reparacións".

De momento, non se deron datas para proceder a restaurar os inmobles. Os técnicos deberían estudar como actuar e, posteriormente, poderán empezar os traballos.