Inicio

Deprecated: mysql_connect(): The mysql extension is deprecated and will be removed in the future: use mysqli or PDO instead in /home/ppdapobr/public_html/admin/classes/mysql.php on line 17

Deprecated: mysql_connect(): The mysql extension is deprecated and will be removed in the future: use mysqli or PDO instead in /home/ppdapobr/public_html/admin/classes/mysql.php on line 17

MOCION ESTRADA A FIGUEIRA

Venres, 24 de Xullo 2015

Manuel Mª Durán Guillán, voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular neste Concello, presenta, para a súa inclusión e debate na vindeira sesión plenaria a seguinte MOCIÓN relativa a pavimentación e acondicionamento dende A Figueira a estrada do Camiño Ancho

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

O anterior Goberno do PP, despois de falar cos veciños aperturou un tramo de estrada, dende o lugar de A Figueira ao Camiño Ancho; esta foi unha obra moi importante pois comunica a circunvalación desde o rio Morto ata o Polígono Industrial de A Tomada, a Autovia e o Hospital da Barbanza, evitando desta maneira que parte do tráfico circule polo centro da nosa Vila, desconxestionando a mesma.

Este novo tramo quedou sen rematar, pois ten que ser habilitado con tódolos servizos, así como coa pavimentación adecuada.

No próximo mes de setembro, a Deputación Provincial de A Coruña, enviará o noso Concello, o P.O.S. ( Plan de obra e servizos ) por un importe aproximado de 200.000 € , correspondente o ano 2016

Por todo o exposto, o Grupo Municipal do Partido Popular, insta o Pleno da Corporación a adopción do seguinte

ACORDO

  1. Que con cargo o PLAN DE OBRAS E SERVIZOS DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA ( P.O.S. 2016 ) , fágase o proxecto e realícese esta obra.

A Pobra do Caramiñal a 20 de xullo de 2015

Manuel Mª Durán Guillán

Concelleiro do Grupo Municipal do PP

SR. ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DA POBRA DO CARAMIÑAL