Inicio

Deprecated: mysql_connect(): The mysql extension is deprecated and will be removed in the future: use mysqli or PDO instead in /home/ppdapobr/public_html/admin/classes/mysql.php on line 17

Deprecated: mysql_connect(): The mysql extension is deprecated and will be removed in the future: use mysqli or PDO instead in /home/ppdapobr/public_html/admin/classes/mysql.php on line 17

MOCION PLENO SETEMBRO 2015

Xoves, 17 de Setembro 2015

Manuel Mª Durán Guillán, voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular neste Concello, presenta, para a súa inclusión e debate na vindeira sesión plenaria a seguinte MOCIÓN relativa A RECONSTRUCION DA ANTIGA PRESA DE PONTEBARBANZA PARA ABASTECEMENTO DO MUIÑO MUSEO-LOCAL SOCIAL

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

Na parroquia de Santo Isidoro de Posmarcos, antigamente existían moitos muiños, o Concello da Pobra do Caramiñal adquiriu fai uns anos o muiño da Pontebarbanza, o cal foi reconstruído na súa totalidade, excepto a presa.

A súa finalidade é convertelo en Museo- Local Social, onde os veciños e veciñas podan reunirse, ensaiar, facer talleres para os maiores ou os máis cativos e sobre todo para que os rapaces podan coñecer parte da nosa historia e aprendan para que servían os muíños. Pero para que isto poda ser unha realidade, a antiga presa terá que estar en funcionamento. A mesma, data aproximadamente do ano 1900, foi construída con pedras propias do Río Pedras, ao longo do tempo foi destruída polas grandes avenidas do río. O que se pretende, e reconstruíla seguindo o trazado e xeometría de antano, sen causar prexuízo algún sobre a flora e a fauna do ecosistema.

É importante destacar que non se trata dunha obra de nova construción, senón dun acondicionamento da presa que xa existe, en estado ruinoso por mor da subtracción dunha importante cantidade de pezas é polo almacenamento natural que se produciu a causa das actuacións que afectaron a súa estabilidade.

Por todo o exposto, o Grupo Municipal do Partido Popular propón á Corporación a adopción do seguinte acordo:

- Incluír nos orzamentos do ano 2016, unha partida para a reconstrución da antiga presa de Pontebarbanza

-

A Pobra do Caramiñal 10 de setembro de 2015