Inicio

Deprecated: mysql_connect(): The mysql extension is deprecated and will be removed in the future: use mysqli or PDO instead in /home/ppdapobr/public_html/admin/classes/mysql.php on line 17

Deprecated: mysql_connect(): The mysql extension is deprecated and will be removed in the future: use mysqli or PDO instead in /home/ppdapobr/public_html/admin/classes/mysql.php on line 17

MOCION PLENO 24 SETEMBRO 2015

Venres, 18 de Setembro 2015

Manuel Mª Durán Guillán, voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular neste Concello, presenta, para a súa inclusión e debate na vindeira sesión plenaria a seguinte MOCIÓN relativa A AMPLIACION DA ESTRADA DE SANTO ISIDORO DE POSMARCOS ( CP-6701 )

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

A ampliación da estrada que une os lugares da Angustia con Santo Isidoro de Posmarcos ( CP-6701 ), máis coñecida como a estrada de Sanisidro, figura no mapa de estradas pertencentes a Deputación Provincial da Coruña.

O anterior goberno comezara as xestións co ente provincial para levar a cabo dita ampliación tan demandada polo veciños e veciñas de dito lugar.

Esta estrada conta cun trazado cunha media de 5,50 m de ancho. É unha estrada moi transitada polos numerosos núcleos de poboación ós que serve, polo que se produce una importante interconexión de tráfico rodado e peonil.

A actuación discurriría nunha lonxitude aproximada de 1.800 m, e o que se pretende e a ampliación da estrada ata os 7 m de ancho, e

cun arcén de 1,50 m a ambos marxes da mesma, en todos aqueles puntos onde sexa posible

Por todo o exposto, o Grupo Municipal do Partido Popular propón á Corporación a adopción do seguinte acordo:

- Instar a Deputación Provincial de A Coruña para que realice o proxecto de ampliación da Estrada CP-6701 ( Angustia-Santo Isidoro )

- Instar a Deputación Provincial de A Coruña, para que dita ampliación figure nos orzamentos do ano 2016, para a súa execución

-

A Pobra do Caramiñal 10 de setembro de 2015