Inicio

Deprecated: mysql_connect(): The mysql extension is deprecated and will be removed in the future: use mysqli or PDO instead in /home/ppdapobr/public_html/admin/classes/mysql.php on line 17

Deprecated: mysql_connect(): The mysql extension is deprecated and will be removed in the future: use mysqli or PDO instead in /home/ppdapobr/public_html/admin/classes/mysql.php on line 17

MOCION Peche da pista deportiva da zona do Campo Angustia

Luns, 21 de Setembro 2015

Manuel Mª Durán Guillán, voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular neste Concello, presenta, para a súa inclusión e debate na vindeira sesión plenaria a seguinte MOCIÓN relativa o Peche da pista deportiva da zona do Campo-Angustia

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

Todos somos conscientes da importancia de dotar a tódalas parroquias de diferentes servizos para unha maior comodidade de tódolos veciños e veciñas, nos últimos anos investíronse máis de 70.000 euros na creación de varios parques e zonas de lecer por todo o noso municipio, e por suposto tamén no lugar do Campo, na Parroquia de Santo Isidoro, o cal foi dotado dun Parque biosaudable, un parque infantil, pista polideportiva, e urbanización do entorno, todo isto dotado de mobiliario urbano e aparcadoiros, esta obra supuxo unha inversión de 220.414,47 €.

Cada vez son máis os mozos e mozas que utilizan a pista deportiva, para practicar o seu deporte, quedando pendente de execución o peche da mesma, para desta maneira evitar que os balóns saian fora, co risco de producirse un accidente.

Por todo o exposto, o Grupo Municipal do Partido Popular propón á Corporación a adopción do seguinte acordó:

- Incluír nos vindeiros orzamentos do 2016 unha partida destinada a construción de peche da pista deportiva do Campo- Angustia.

A Pobra do Caramiñal 10 de setembro de 2015