Inicio

Deprecated: mysql_connect(): The mysql extension is deprecated and will be removed in the future: use mysqli or PDO instead in /home/ppdapobr/public_html/admin/classes/mysql.php on line 17

Deprecated: mysql_connect(): The mysql extension is deprecated and will be removed in the future: use mysqli or PDO instead in /home/ppdapobr/public_html/admin/classes/mysql.php on line 17

PLENO ORDINARIO OUTUBRO 2015

Xoves, 22 de Outubro 2015

CONVOCATORIA PLENO ORDINARIO 29 DE OUTUBRO DE 2015

De acordo co disposto no artigo 46.2.a da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, o artigo 210.2.a da Lei 5/1997, de 22 de xullo, do Réxime Local de Galicia, por medio da presente convócaselle á sesión que con carácter ordinario celebrará o Pleno da Corporación o vindeiro día 29 de OUTUBRO de 2015 (xoves) ás 20:30 horas no Salón de Sesións desta Casa Consistorial.

En cumprimento do disposto no artigo 84 do Real Decreto 2568/86, do 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais a partires do día data ten vostede a súa disposición todos os asuntos relacionados coa seguinte:

O R D E D O D Í A

  1. Aprobación Actas de sesións anteriores.
  2. Aprobación inicial da ordenanza fiscal nº 36 reguladora da taxa por aproveitamentos especiais da vía pública con caixeiros automáticos con acceso directo dende a vía pública .
  3. Aprobacion inicial do suplemento de crédito nº 1/2015
  4. Moción do Grupo Municipal Socialista con motivo da marcha estatal contra as violencias machistas do 7 de novembro 2015.
  5. Moción do Grupo Municipal Socialista para que se modernice, especialmente na zona rural, a rede de banda ancha..
  6. Moción do Grupo Municipal Socialista relativa a promover a seguridade viaria nalgunhas rúas e prazas de A Pobra do Caramiñal.
  7. Moción do Grupo Municipal do BNG en defensa das reclamacións dos mariños galegos agrupados na asociación Longhope.
  8. Moción do Grupo Municipal do BNG a prol da ampliación da acreditación por violencia machista e da creación do estatuto do feminicido.
  9. Moción do Grupo Municipal do BNG relativa á reforma integral da rúa 2 na Ribeiriña.
  10. Moción do Grupo Municipal do PP relativa á construcción dun modulo deportivo cuberto no estadio da Alta para a realización de diferentes actividades deportivas.
  11. Moción do Grupo Municipal do PP relativa á modificación do PXOM.
  12. Moción do Grupo Municipal do PP relativa á ampliación da estrada da Silva.

PARTE II:- CONTROL ÓRGANOS DE GOBERNO

1. Decretos da Alcaldía

2. Informes da Alcaldía.

3. Mocións de Urxencia.

4. Rogos e preguntas.

A Pobra do Caramiñal, a 22 de outubro de 2015