Inicio

Deprecated: mysql_connect(): The mysql extension is deprecated and will be removed in the future: use mysqli or PDO instead in /home/ppdapobr/public_html/admin/classes/mysql.php on line 17

Deprecated: mysql_connect(): The mysql extension is deprecated and will be removed in the future: use mysqli or PDO instead in /home/ppdapobr/public_html/admin/classes/mysql.php on line 17

Resumo Do Pleno Ordinario do mes de Outubro.

Luns, 02 de Novembro 2015

Resumo do Pleno Celebrado o xoves 30 de Outubro de 2015.

Pleno ordinario correspondente ao mes de outubro, no cal as tres mocións que presentábamos os populares saíron aprobadas por unanimidade, o cal é unha boa noticia, non para este grupo político, senón para os veciños e veciñas que son os beneficiados de que as actuacións que solicitabamos se realicen. As tres mocións que presentabamos eran as seguintes:

a) A Moción na que pedíamos unha modificación parcial do PXOM. Podedes ler todos os detalles relativos á mesma nesta páxima web. http://www.ppdapobra.es/nova/219-mocion-relativa-a-la-modificacion-parcial-do-pxom.html

b) Outra moción que era unha demanda dos veciños e, como non podía ser doutro xeito temos a obriga de atendelas, é a relativa a Ampliación da Estrada da Silva. http://www.ppdapobra.es/nova/220-mocion-relativa-a-ampliacion-da-estrada-da-silva.html

c) Por último a moción dunha actuación que levabamos no programa electoral que consiste na construción dun módulo cuberto no estadio da Alta. Cremos que os gobernantes debemos estar á altura dos últimos éxitos deportivos conseguidos por deportistas do municipio, propiciando que as instalación deportivas sexan as mellores posibles, por iso presentamos a citada moción. http://www.ppdapobra.es/nova/221-mocion-relativa-a-construcion-dun-modulo-cuberto-no-estadio-da-alta.html

Pero non só fomos quen de sacar adiante as nosas mocións, senón que tamén apoiamos mocións do resto de forzas do pleno. As tres que presentou o PSOE, relativas a violencia de xénero, a mellora da fibra óptica e a contar cunha ordenanza para as rúas peatonais, tiveron as tres o noso voto favorable, pois consideramos que eran propostas beneficiosas para os veciños e as veciñas. Outras tres presentounas o BNG, que a pesares de non querer enriquecer alguna das súas mocións aceptando as nosas enmendas, tamén as apoiamos polo mesmo motivo que as do PSOE.

A sorpresa desagradable, ainda que xa nos están acostumbrando, por parte do equipo de gobernó foi que, ao igual que en anteriores ocasións, non trouxeron proxectos, nin acordos da xunta de goberno nin acordos de alcaldía de nada de nada. Esperemos que empecen a cumprir coa súa obriga de gobernar e non teñamos que ser os grupos da oposición os que o fagamos por eles.