Inicio

Deprecated: mysql_connect(): The mysql extension is deprecated and will be removed in the future: use mysqli or PDO instead in /home/ppdapobr/public_html/admin/classes/mysql.php on line 17

Deprecated: mysql_connect(): The mysql extension is deprecated and will be removed in the future: use mysqli or PDO instead in /home/ppdapobr/public_html/admin/classes/mysql.php on line 17

Resultado da Visita da Directora Xeral de Comercio

Mércores, 09 de Febreiro 2011

Hoxe mércores estivo a Directora Xeral de Comercio da Xunta de Galicia, Dona Mª Nava Castro Dominguez na Pobra do Caramiñal, realizóu unha visita á praza de abastos acompañada do alcalde Isaac Maceiras Rivas e o concelleiro de mantemento Andrés Millán, onde os acompañaron na visita o encargado do mercado e a presidenta dos Vendedores da Praza de Abastos da Pobra e membros da Federación de Prazas de Abastos de Galicia. Visitaron todolos postos do mercado.

A Directora Xeral quedóu moi satisfeita, poñendo o mercado de Pobra como un dos máis dinámicos de Galicia e cunhas instalación de acordo os novos tempos. O alcalde aproveitou para decirlle as obras que vai levar a cabo na Praza de Abastos, como son: o cambio de portas, rexillas, pintado do edificio, chapeado dos pasillos e limpeza de toda a fachada de pedra, o importe destes arranxos é de 57.000€

A Directora Xeral informóulle ó mesmo tempo o alcalde que nuns días sairá no DOG as subvencións para os mercados. O alcalde agradeceulle todo o que está a facer non só no mercado da Pobra senón de tódolos concellos de Galicia.O alcalde tamén lle propuxo o aire acondicionado nos postos pechados así como outras mellores no mesmo, á DirectoraXeral de Comercio pareéulle moi ben a proposta a cal apoiará sen dúbida.