Inicio

Deprecated: mysql_connect(): The mysql extension is deprecated and will be removed in the future: use mysqli or PDO instead in /home/ppdapobr/public_html/admin/classes/mysql.php on line 17

Deprecated: mysql_connect(): The mysql extension is deprecated and will be removed in the future: use mysqli or PDO instead in /home/ppdapobr/public_html/admin/classes/mysql.php on line 17

LISTAS ELECTORAIS

Venres, 13 de Novembro 2015

Ideas de hoxe

13 de Novembro do 2015

LISTAS ELECTORAIS O PPdeG presenta unha candidatura cunha media de idade en torno aos 48 anos, rebaixando en case dous anos a das listas pasadas e que supón unha aposta polo rexuvenecemento. En canto aos perfís dos candidatos, para as cabezas de lista quedou claro que deron prioridade á experiencia acreditada na xestión como é o caso de Ana Pastor en Pontevedra; á experiencia parlamentaria, co exemplo claro de Joaquín García Díez en Lugo; valoraron a traxectoria no ámbito municipal no caso de Miguel Lorenzo en A Coruña; e tamén apostaron pola incorporación de persoas relevantes na sociedade civil como é o caso de Miguel Viso en Ourense. En canto ao resto de integrantes que completan as listas, son persoas que aportan a súa experiencia parlamentaria previa como o caso de Ana Belén Vázquez, Celso Delgado, José Manuel Barreiro, Tristana Moraleja ou Jaime de Olano. A estes nomes únense novas incorporacións que aportarán a súa traxectoria noutras institucións ou Cámaras como Juan Juncal, que pasa do Senado ao Congreso; Paula Prado que cambia o Parlamento Galego polo Senado, e Pilar Rojo, que deixa a presidencia do Parlamento de Galicia para incorporarse ás candidaturas. Os candidatos son persoas que van dende os 29 anos ata os 73 porque o PPdeG aspira a representar a todos, aos máis novos e aos de maior idade. Os populares presentan desde a humildade a un equipo altamente preparado que chega á política para aportar unha ampla traxectoria lexislativa e unha dilatada carreira parlamentaria e que ocuparán postos nas Cortes Xerais do Estado durante a próxima lexislatura, que consideramos trascendental. España ten o reto de consolidar a recuperación económica e ten que servir para blindar dende a solvencia e xestión o noso e Estado de Benestar. Os PP ten o reto que supón unha acción egoísta e irresponsable dos que queren rachar con España e con 40 anos de convivencia pacífica e democrática que teñen permitido que o país acadase os niveis máis altos de benestar social. Así, os populares queren contribuír cos seus mellores activos para defender o marco de convivencia que é a Constitución e que é a nosa democracia. Non se improvisará e por iso mandarase a persoas con traxectorias profesionais contrastadas que levarán a voz de Galicia á Cámara Alta e á Cámara Baixa. Trátase de deputados de goberno que defenderán alí os intereses dos galegos, por iso deben traballar arreo dende o primeiro día para acadar os obxectivos do PPdeG. O obxectivo político do partido é gañar as eleccións e sacar máis deputados que o resto de formacións políticas que compiten con nós porque queremos os mellores resultados posibles xa que cremos que é o mellor para España e para Galicia.