Inicio

Deprecated: mysql_connect(): The mysql extension is deprecated and will be removed in the future: use mysqli or PDO instead in /home/ppdapobr/public_html/admin/classes/mysql.php on line 17

Deprecated: mysql_connect(): The mysql extension is deprecated and will be removed in the future: use mysqli or PDO instead in /home/ppdapobr/public_html/admin/classes/mysql.php on line 17
Comezaron as obras no Paseo do Areal

Comezaron as obras no Paseo do Areal

Martes, 01 de Marzo 2011

Cos derradeiros temporais do mes de Xaneiro máis de 150 metros lineais do paseo do Areal sufriron importantes danos chegando mesmo a desaparecer máis dun metro de area de profundidade e quedando con elo o muro de contención ao descuberto.

A primeiros de febreiro, enxeñeiros de Costas do Estado, encabezados polo xefe territorial de tido organismo, D. Ricardo Babío, visitaron o lugar para inspeccionar os danos e realizar os cálculos necesarios para proceder a elaboración do proxecto de rehabilitación.

O pasado xoves día 24 comezaron as obras de dito proxecto que lle foron asignadas á empresa TRAGSA, por un importe de 190.000 € e que consistirán en:

  • Retirada de todo o muro afectado.
  • Reconstrucción do mesmo cos mesmos materiais cos que estaba feito.

Agradecer a Costas do Estado en Galicia a celeridade coa que actuou para resolver esta incidencia e esperamos que ditas obras estea rematadas a últimos de abril, antes das festas da Semana Santa.