Inicio

Deprecated: mysql_connect(): The mysql extension is deprecated and will be removed in the future: use mysqli or PDO instead in /home/ppdapobr/public_html/admin/classes/mysql.php on line 17

Deprecated: mysql_connect(): The mysql extension is deprecated and will be removed in the future: use mysqli or PDO instead in /home/ppdapobr/public_html/admin/classes/mysql.php on line 17

A DECEPCIONANTE NAVIDAD NA POBRA

Mércores, 13 de Xaneiro 2016

A DECEPCIONANTE NAVIDAD NA POBRA

O Partido Popular da Pobra do Caramiñal pola presente quere facerse eco do sentir maioritario respecto as actividades e campaña de Nadal deseñada e realizada polo Goberno Municipal de NOS POBRA, o cal pode definirse nunha soa palabra DECEPCIONANTE.

Independentemente das circunstancias climatolóxicas que nos acompañaron nestas datas, a iluminación, as actividades programadas e a organización das mesmas foron os detonantes que fixeron que o noso pobo deixara de ser o punto de atracción para visitantes, tanto locais como dos municipios limítrofes, o cal provocou pouca afluencia de público.

Fomos o único Concello no que o alumeado da árbore de Nadal e do nacemento apagábase a horas tempranas, o centro neurálxico do pobo, os nosos xardíns non tiñan alumeado nin música ambiental, algo que tiña un custo económico reducido e que houbese contribuído a remarcar o ambiente de Nadal, así como a falla de actividades na rúa, a única realizada foi a Cabalgata de Reis, a cal destacou pola súa total desorganización, xa que ninguén se enteraba si se realizaba no Polideportivo Municipal de Venecia, si habería recorrido polas rúas; destacando así mesmo, a improvisada recepción das súas maxestades os Reis Magos no polideportivo, o cal destacou pola falla de organización, xa que este é un acto onde o máis importante son os NENOS/AS os cales foron os que menos se tiveron en conta.

En conxunto todas estas actuacións supuxeron un gran perxuizo tanto o noso sector hostaleiro como comercial, perdendo novamente unha oportunidade de promoción e apoio os mesmos,pero sobre todo e o que nos parece aún máis grave, decepcionando e desilusionando a tódalas persoas que viñeron A Pobra a disfrutar dun ambiente de Nadal que NON atoparon e que ante dita experiencia, será máis difícil atraer en futuras épocas.

Descargar Arquivos Adxuntos