Inicio

Deprecated: mysql_connect(): The mysql extension is deprecated and will be removed in the future: use mysqli or PDO instead in /home/ppdapobr/public_html/admin/classes/mysql.php on line 17

Deprecated: mysql_connect(): The mysql extension is deprecated and will be removed in the future: use mysqli or PDO instead in /home/ppdapobr/public_html/admin/classes/mysql.php on line 17

VALORACION DO PRIMEIRO ANO DE GOBERNO DE NOS POBRA

Venres, 17 de Xuño 2016

VALORACION DO PRIMEIRO ANO DE GOBERNO DE NOS POBRA

Estes pasados días do mes de Xuño, fixo un ano da toma de posesión do novo goberno caracterizado pola falla de xestión. Non resolven os problemas dos vecinos, son carentes de iniciativas que garantan a creación de emprego e o desenrolo económico. Todo o contrario, teñen o mérito da ineficiencia , a perda de inversións, e a falla de planificación de proxetos necesarios para o noso Concello.

O paso deste ano de goberno por parte de Nos Pobra, servíu para demostrar e ratificar aquelo que intuíamos pero que hoxe convertíuse nunha realidade.

Un goberno sin PROXECTO, sin AMBICIÓN, sin INTERLOCUCIÓN, sin XESTIÓN, INEFICIENTE e INEFICAZ, en resumo DECEPCIONANTE e DESILUSIONANTE.

Un goberno sen unha base sólida, xa de inicio formado só por catro concelleiros dos trece que compoñen a Corporación. Un anticipo dunha forma de actuar característica da súa acción de goberno, a IMPROVISACION e a IRRESPONSABILIDADE.

É una IRRESPONSABILIDADE deixar marchar unha inversión como a do Centro de Saúde, unha obra tan importante e necesaria para o benestar das nosas veciñas e veciños, cunha doación gratuita de 2.600 metros de terreo e un compromiso firme e por escrito da Xunta de Galicia para a súa construcción neste ano. Mudamos unha realidade por un incierto futuro, unha ficción xa que hoxe en día nos existe nova ubicación, a que están estudando dista 150 metros da actual e aproximadamente está á mesma altura, nunha parcela sen urbanizar (¿Quén vai pagar esa inversión?), cun prazo de execución mínimo de 3-4 anos e sen compromiso firme por parte da Xunta de Galicia en canto ao seu financiamento, pero a culpa será do PP.

Foi unha IRRESPONSABILIDADE a perda da Bandeira Azul nas nosas praias no pasado verán por cambiar os criterios de selección dos socorristas para que ao final dos oito contratados, sete eran os mesmos dos contratados no ano anterior, pero aínda así izaron a Bandeira sin socorristas e por iso retiráronlla, pero a culpa será do PP.

É unha IRRESPONSABILIDADE que un goberno de catro concelleiros tomen a decisión de non solicitar a Bandeira Azul neste ano, perdendo así , parte do noso patrimonio, pero a culpa será do PP.

É una IRRESPONSABILIDADE non ter definida a segunda fase da maravillosa rexeneración medioambiental das Xunqueiras, cando xa tiña que estar definida no pasado mes de Setembro, pero a culpa será do PP.

É unha IRRESPONSABILIDADE non ter adoptado medidas preventivas para a disminución da inseguridade, a falla de control sobre o trapicheo e o botellón, queixas de roubos cada vez máis frecuentes co conseguinte perxuicio para os veciños, pero a culpa será do PP.

Foi unha IRRESPONSABILIDADE convocar o pleno para a aprobación das actuacións do P.O.S. e o P.A.S., impoñendo os seus criterios sin consensuar as actuacións con ningunha forza política e poñendo en risco ditas Inversións, pero os responsables serán os demáis.

É unha IRRESPONSABILIDADE presentar ao Pleno uns orzamentos sin consensuar con ningunha outra formación política. Uns orzamentos con tan pouca vida para o noso Concello, sin ambición, sin obras, sin Inversións de outras addministracións, pero os culpables serán os demáis.

A súa falla de dilixencia ten como consecuencia a non realización da segunda fase de circunvalación do Río Morto, a pesares de estar comprometida por escrito coa Xunta de Galicia.

Un exemplo da sua forma de gobernar foi o retraso en cinco meses na apertura do Teatro Elma pola instalación dunha rampa de acceso para persoas con discapacidade, cuxa construcción non leva máis alá dunha semana ou pudendo sustituíla por una plataforma elevadora, pero a culpa será do PP.

Un exemplo de falla de xestión e deixadez é o retraso na apertura do Centro de Día.

Somos o único Concello que non obtuvo un Obradoiro de emprego, algo que conseguiron Rianxo, Boiro, Riveira, Porto do Son, Lousame, Noia, pero seguro que os responsables nona son eles.

Unha administración ralentizada, paralizada con retrasos evidentes na concesión de licencias de obra, de apertura, na resolución de calquera tipo de expediente, etc.

Exemplos todos dunha forma de gobernar cuxa consecuencia repercute e repercutirá nas nosas veciñas e veciños. Responsabilidade tanto do equipo de goberno de Nos Pobra , como o BNG e PSOE, polo seu apoio e consentimento a que esto aconteza.

Todos eles son responsables dunha xestión que en lugar de xenerar avance, riqueza e prosperidade, provoca estancamento, retraso e deixadez.