Inicio

MOCIÓN RELATIVA A FALLA DE XESTIÓN NO EIDO ECONÓMICO E ADMINISTRATIVO.

Martes, 15 de Novembro 2016

Presentamos esta moción pola necesidade de que o goberno despois de mais dun ano de mandato, empece a xestionar de verdade os recursos administrativos o seu alcance. No eido económico a falla de xestión e evidente, pois moitas partidas orzamentarias, están sen executar, moitas delas referentes a subvencións a entidades deportivas e asociacións do concello. Tamén incrementouse notablemente o período medio de pago a provedores, pasando dos 28 días cos que se atoparon os 52,9 actuais.

Por todo o exposto presentamos a seguinte moción pedindo que todas estas carencias sexan atendidas e resoltas.

Descargar Arquivos Adxuntos