Inicio

MOCIÓN RELATIVA A LICENZA OTORGADA PARA ACTIVIDADE DE VELATORIO NA CALLE VENECIA.

Martes, 15 de Novembro 2016

Despois de moitas reunións cos veciños/as o equipo de goberno decidía en base os informes emitidos outorgar a licenza para a posta en marcha de dita actividade. Sabemos que a obriga do equipo de goberno era cumprir a lei, pero que tamén era a súa obriga, recadar todos os informes posibles xa foran perceptivos ou non. Así o pedimos dende o partido popular reiteradas veces.

Agora a acción veciñal na defensa dos seus dereitos solicitou un informe o redactor do PXOM no cal da a razón os veciños. Sen dubida unha mostra mais da ineficacia do equipo de goberno que debía ter solicitados todos os informes antes de outorgar dita licenza.

E por iso que en base a este informe do redactor do PXOM pedimos dende o partido popular a paralización como medida cautelar da devandita actividade hasta que se aclaren todos os feitos.

Descargar Arquivos Adxuntos