Inicio

Deprecated: mysql_connect(): The mysql extension is deprecated and will be removed in the future: use mysqli or PDO instead in /home/ppdapobr/public_html/admin/classes/mysql.php on line 17

Deprecated: mysql_connect(): The mysql extension is deprecated and will be removed in the future: use mysqli or PDO instead in /home/ppdapobr/public_html/admin/classes/mysql.php on line 17

Comezan as obras no Lugar do Pozo

Luns, 14 de Xuño 2010

A partir do 14 de Xuño comezan as Obras do Proxecto de Abastecemento, Saneamento e Pluviais no Lugar do Pozo. Vistas as necesidades existentes no lugar do Pozo, en San Lázaro (Parroquia de Santa Cruz), o concello considerou oportuna a elaboración dun proxecto para a instalación de rede de saneamento, abastecemento de auga e separativa de pluviais.

Este proxecto foi presentado na Consellería de Medio Rural que, para satisfacción deste alcalde e do equipo de goberno, lle deu o visto bo, sacouno a licitación e foi adxudicado á empresa CONSTRUCCIONES NIMA S.A. O orzamento de execución é de 195.986,98€ e a actuación consistiría na realización das seguintes obras:

  • Rede de Abastecemento. Colocación de 245 metros lineais de tubería de 90mm en PEAD con 3 válvulas.
  • Rede de Saneamento. Colocación de 215 metros lineais de tubaria de 315mm de diámetro en PVC SN4 Compacto e 7 pozos.
  • Rede de Pluviais. Colocación de 260 metros lineais de tubaria de 315mm de diámetro en PVC SN4 Compacto e 8 pozos.

Todas as canalizacións irán soterradas en zanxa, rechea con material de préstamo e procedente da escavación, repoñendo o pavimento que resulte afectado ou demolido na execución das obras con base de formigón de 20cm. e capa de rodadura de 6cm de aglomerado asfáltico en quente.

Damos as grazas á Xunta de Galicia, e máis concretamente, á Consellería de Medio Rural, por acometer esta obra tan necesaria coa que, sumada á obra realizada con cargo ao F.E.I.L. e levada a cabo pola empresa AQUAGEST S.A, completaranse todos os servizos desta zona e o noso concello dará un paso máis para a consecución do saneamento integral, un dos piares sobre os que se basea o traballo que ven desenvolvendo este equipo de goberno.