Inicio

Deprecated: mysql_connect(): The mysql extension is deprecated and will be removed in the future: use mysqli or PDO instead in /home/ppdapobr/public_html/admin/classes/mysql.php on line 17

Deprecated: mysql_connect(): The mysql extension is deprecated and will be removed in the future: use mysqli or PDO instead in /home/ppdapobr/public_html/admin/classes/mysql.php on line 17

Remataron as Mellores da Piscina Municipal e as Obras dun Novo Recinto Termal

Luns, 28 de Marzo 2011

Hoxe luns 28 de marzo o Alcalde de A Pobra do Caramiñal, acompañado dos directivos da empresa adxudicataria da concesión para a súa xestión, AQUAGEST, visitaron as melloras realizadas na piscina municipal, por un importe de 193.907,24 €.

Inaugurada en xuño de 2006, a piscina presentaba un estado xeral bo, pero na zona de aparcamento existía unha superficie aínda sen pavimentar que con choiva producía certas molestias aos usuarios, iso acondicionouse todo. Tamén realizáronse reformas nas instalacións para mellorar a oferta de servizos a todos os usuarios e que consistiron en:

  • Urbanización da parcela dotándoa de pavimento de formigón impreso nunha superficie de 170 m2, na cal crearonse 10 prazas de aparcamento, unha delas reservada para persoas con minusvalías.
  • Na zona de acceso, instalouse unha porta cortaventos conxuntamente coa existente, pechando deste xeito a marquesiña con un acristalamento climalit.
  • Seguindo coa planta baixa, executouse un RECINTO TERMAL na zona anexa ao vaso da piscina.
  • Na primeira planta derrubaronse parte da tabiquería pertencente a dúas das salas anexas ao ximnasio, e nunha delas, ademais, colocouse solo de caucho.
  • Ampliouse unha nova sala na dobre altura existente fronte ao ximnasio.
  • Para rematar, tamén arranxaronse os danos existentes no edificio ocasionados pola presenza de humidades en determinadas zonas.

Desde o concello agradecemos á empresa adxudicataria, AQUAGEST, o bo traballo que ven desenvolvendo coa prestación deste servizo e, como non, por estas obras realizadas que redundarán en beneficio de todos os pobrenses engadindo novas ofertas de actividades ás propias da piscina e tamén ás que ten o concello.

Felicidades a todos, pois con esta mellora das instalacións e damoslle mellor servizo aos nosos veciños.