Inicio

Deprecated: mysql_connect(): The mysql extension is deprecated and will be removed in the future: use mysqli or PDO instead in /home/ppdapobr/public_html/admin/classes/mysql.php on line 17

Deprecated: mysql_connect(): The mysql extension is deprecated and will be removed in the future: use mysqli or PDO instead in /home/ppdapobr/public_html/admin/classes/mysql.php on line 17

A Verdade sobre a Lei de Augas de Galicia

Xoves, 17 de Marzo 2011

O Martes, nun auditorio do ISM totalmente abarrotado de xente, tivo lugar, por parte do Presidente de Augas de Galicia, D. Francisco Menéndez, a aclaración ás dúbidas que a Lei de Augas de Galicia suscitara en parte da poboación e que os grupos políticos como o PSOE ou o BNG alentaran en diversos foros públicos.

Entre as afirmacións feitas polo Presidente de Augas de Galicia podemos salientar as seguintes:

  • A Lei de Augas non crea novos tributos, o que fai é cambiar de nome ao actual canon de saneamento que pasará a chamarse canon da auga.
  • Os pozos particulares non pagarán canon da auga.
  • Tamén quedan exentos do pagamento do canon os usos agrarios, gandeiros e forestais.
  • As comunidades de usuarios terán un 90% de bonificación.
  • A lei non obriga á instalación de contadores. Quen non dispoña deles poderá acollerse a outros sistemas de estimación obxectiva.

Posteriormente abriuse unha quenda de preguntas na cal quedou clarificado que a Lei de Augas de Galicia non obrigará á instalación de contadores nin ao pago do canon por parte dos propietarios de pozos.