Inicio

Deprecated: mysql_connect(): The mysql extension is deprecated and will be removed in the future: use mysqli or PDO instead in /home/ppdapobr/public_html/admin/classes/mysql.php on line 17

Deprecated: mysql_connect(): The mysql extension is deprecated and will be removed in the future: use mysqli or PDO instead in /home/ppdapobr/public_html/admin/classes/mysql.php on line 17

Obras en Centros Escolares

Xoves, 01 de Xullo 2010

Hoxe, 1 de Xullo, O Delegado Territorial da Xunta de Galicia, D. Diego Calvo e a Xefa Territorial da Consellería de Educación, Dna. Teresa Villaverde acompañados do Sr. Alcalde de A Pobra , D. Isaac Maceiras Rivas, visitan as obras que se están a realizar no IES "Francisco Barreras" de A Pobra, así como no CEIP "Salustiano Rey Eiras" e que consisten en:

CEP Salustiano Rey Eiras

Reparación da cuberta de poliéster reforzado con fibra de vidro translúcida, perfil nervado tipo uralux realizada con pezas normalizadas sobre correas metálicas, accesorios de fixación, xuntas de estanqueidade, remates e encontros, cun orzamento total 4.734,54€. Arranxo de fachadas consistente en limpeza e reparación de formigóns de paneis prefabricados dos que está composta a fachada. Aplicación de morteiro de silicona e posterior pintado con pintura acrílica con base de resinas, cun orzamento total 57.550€.

IES Francisco Barreras

Obra no Centro de Transformación, arranxo de celdas no centro de transformación eléctrico, cun orzamento total de 23.200€. Obra pintura da estrutura do patio cuberto, as obras consisten por unha banda, na pintura da estructura metálica do patio cuberto asó como a pintura interior de todo o ximnasio e a construcción dunha canaleta de recollida de augas e un tabique na paramento vertical da biblioteca co fin de eliminar humidades e olores, cun orzamento de 34.056€. Obra de reposición de planchas de metacrilato temporal, cun orzamento de 14.963€.

A inversión total neste dous colexios foi de 134.503,54€.