Inicio

Deprecated: mysql_connect(): The mysql extension is deprecated and will be removed in the future: use mysqli or PDO instead in /home/ppdapobr/public_html/admin/classes/mysql.php on line 17

Deprecated: mysql_connect(): The mysql extension is deprecated and will be removed in the future: use mysqli or PDO instead in /home/ppdapobr/public_html/admin/classes/mysql.php on line 17

A TARXETA SANITARIA

Mércores, 23 de Novembro 2011

ARGUMENTARIO TARXETA SANITARIA

CÓDIGO 29

§ Todos os usuarios sanitarios, con independencia da situación na que se atopen no réxime correspondente do Sistema de Seguridade Social, teñen asegurada a cobertura sanitaria en calquera punto da rede do Servizo Galego de Saúde. Ninguén perde o dereito a asistencia sanitaria gratuíta e universal. Calquera afirmación neste sentido pretende confundir.

§ Galicia no fixo ningún cambio respecto ao que se viña facendo e aos requisitos que se piden noutras CCAA porque é normativa nacional.

§ A lexislación no ámbito da Seguridade Social non é competencia das CCAA. Foi a constatación de que había galegos que se estaban quedando sen cobertura o que levou a adoptar medidas.

§ Así, a pesar da separación de fontes de financiamento da sanidade pública e das leis autonómicas, no noso país aínda é a seguridade social quen recoñece o dereito á asistencia sanitaria (asistencia/sen asistencia). De feito, hai máis de 1.000 galegos que solicitaron xa acollerse á tarxeta con código 29.

§ Nas bases de datos da Seguridade Social do Estado (INSS) aparecen como sen asistencia as persoas que perderon o dereito á prestación por esgotamento do subsidio de desemprego. Debido a esta circunstancia, actualmente hai moitas persoas en España que se atopan sen recoñecemento da asistencia a nivel da seguridade social, que poden non sabelo porque non necesitaron asistencia.

o E moitas outras que, por entrar ou saír frecuentemente do mercado laboral, teñen que tramitar constantemente a súa situación de prestación sanitaria, o que supón un trastorno innecesario.

§ Para evitar que estas persoas quedaran sen cobertura sanitaria e os trastornos aos traballadores nesta situación de discontinuidade, a Consellería de Sanidade creou o Código 29, para os que traballaran no ano anterior.

o Isto estaba ocorrendo xa en Galicia, como amosa o feito de que se estean tramitando máis de mil solicitudes e se teña iniciado un procedemento de oficio. De feito, estamos actuando de oficio, activando as tarxetas sanitarias que o INSS declarou sen dereito a asistencia e que se encontran nesas circunstancias.

§ É unha boa medida que garante a cobertura e evita trámites innecesarios durante 2 anos de forma que, tanto se atopan traballo como se non, teñen garantidas ao 100% as coberturas.

o Polo tanto, respecto a este colectivo, a orden é substancialmente mellor por redución das obrigas burocráticas para estas persoas.

§ Ao igual que xa era anteriormente obrigatorio en España desde 1989, as persoas con nacionalidade española e residencia no noso país, que nunca traballaron e polo tanto nunca estiveron de alta na seguridade social, deben solicitar a declaración de persoa sen recursos (PSR) para que a seguridade social lles recoñeza o dereito á prestación sanitaria.

o Respecto a persoas sen recursos, tamén nos adiantamos incorporándoos nesta orden se son parados e residentes en Galicia.

§ A Orde da Consellería permite a extensión desta condición aos estranxeiros que demostren levar vivindo no noso país máis de 6 meses e estean empadroados nun concello de Galicia.

§ É dicir, a Comunidade desenvolveu e creou vías para NON DEIXAR SEN PRESTACIÓN ás persoas que perdan a asistencia sanitaria pola lexislación da SS. Pero, obviamente, iso implica facer uns trámites mínimos nos centros de saúde próximos á súa residencia.

§ A Disposición Adicional 5ª da Lei de Saúde Pública (33/2011) aprobada polo Goberno de España o 5 de outubro deste ano, prevé que a extensión aos parados que perdan o subsidio de desemprego se faga desde o 1 de xaneiro de 2012 pero seguindo coa esixencia do recoñecemento por parte da seguridade social.

o En Galicia, para evitar estas situacións, a Xunta preveu na lei de medidas, que entrará en vigor a partir de xaneiro de 2012, que o único requisito para estas persoas sexa o de empadroamento, por máis de 183 días, nun Concello de Galicia e sempre e cando non teña cuberta a prestación sanitaria por calquera outro réxime. Galicia adiantouse 4 meses ao que van ter que facer todas as CCAA.

Qué tramitación hai que facer para acollerse ao código 29?

A tramitación se realiza simplemente dende o centro de saúde ou a través das unidades de tarxeta cando o solicita o interesado, como calquera outro cambio de residencia, de médico, etc. Para facilitar a tramitación aos galegos residentes en Galicia a Sanidade estao a tramitar de oficio.

No caso das PSR é a Xunta a que fai a tramitación ante o Ministerio, que é quen ten que autorizalo.

Canto duran os trámites? Mentres está en marcha a tramitación, ten dereito a asistencia gratuíta a persoa interesada?

Os trámites duran o mesmo que unha tarxeta sanitaria. Todos os usuarios sanitarios, con independencia da situación na que se atopen no réxime correspondente do Sistema de Seguridade Social, teñen asegurada a cobertura sanitaria universal e gratuíta en calquera punto da rede do Servizo Galego de Saúde. Ninguén perde o dereito a asistencia sanitaria gratuíta e universal. Calquera afirmación neste sentido pretende confundir.

Por que xorden agora incidencias de persoas que se atopan as súas tarxetas sanitarias desactivadas? Que pasa nestes casos? Non se lles atende?

As incidencias nas TIS son as mesmas que antes. Si se lles atende. Non hai nada novo.