Inicio

Deprecated: mysql_connect(): The mysql extension is deprecated and will be removed in the future: use mysqli or PDO instead in /home/ppdapobr/public_html/admin/classes/mysql.php on line 17

Deprecated: mysql_connect(): The mysql extension is deprecated and will be removed in the future: use mysqli or PDO instead in /home/ppdapobr/public_html/admin/classes/mysql.php on line 17
Muere Manuel Fraga

Muere Manuel Fraga

Luns, 16 de Xaneiro 2012

Hoxe é un dos días máis tristes da historia do Partido Popular e de Galicia. Falece non xa un home que levou á súa terra na cabeza e no corazón alí por onde foi, senón que traballou por ela para arrincala do pasado e transportala cara a un futuro moderno, con igualdade de oportunidades e capaz de competir nesta era global.

Manuel Fraga era un estadista, dedicado durante máis de medio século á actividade pública, a defender os intereses de España e Galicia desde calquera posto de responsabilidade que ocupase. Mesmo, tivo a audacia de representar á cara máis modernizadora e aperturista do réxime franquista, á vez que traballou durante a Transición para alcanzar unha democracia, hoxe madura grazas, entre outras, á súa contribución como pai da Constitución.

Manuel Fraga foi e será un orgullo e un referente para todos os populares galegos, por ensinarnos a combinar o amor a Galicia e as reivindicacións da nosa terra co respecto a España. Ensinounos a sentirnos “tan galegos como españois”, elevando ambos os sentimentos á máxima expresión.

A nivel político, Fraga é o pai do Partido Popular, o político que creou moito máis que unhas siglas. Conseguiu aglutinar a todo o centro-dereita español ata convertelo nunha alternativa de goberno en toda España. E concretamente en Galicia, falar de Fraga é facelo do gran transformador da realidade galega ao longo de tres lustros, do impulso da nosa autonomía e as súas competencias, da modernización da economía e as infraestruturas, da consolidación da imaxe dunha terra próspera. Fraga foi o construtor da Galicia do século XXI.

En nome dos 760.000 votantes do PP de Galicia e dos seus 100.000 afiliados, os populares galegos levaremos a don Manuel sempre na nosa memoria, e hoxe enviamos un cálido abrazo á súa familia para tentar reconfortarla neste momento.

Muere Manuel Fraga Muere Manuel Fraga