Inicio
Saúdo do Presidente

Estimados amigos/as:

Benvidos á páxina web do Partido Popular da Pobra do Caramiñal. É para nós un pracer que queiras coñecer os nosos feitos a través desta páxina.

Quero animarvos a todos/as a participar na vida do noso partido, tanto nas nosas ideas coma nos nosos logros como os que conseguimos na Pobra do Caramiñal coa responsabilidade de gobernar. O partido Popular está aberto a todos, tanto a asociacións, coma ás mulleres, xuventude, persoas maiores, etc. en xeral a toda a sociedade Pobrense e a todos aqueles que gusten de confiar en nós. Intentaremos que nos fagades chegar as vosas suxerencias, ideas ou dúbidas que poidades ter. Grazas a todos e todas por participar.